O noso proxecto en vídeo

Un dos últimos traballos que nos encargaron durante a materia de tecnoloxía educativa foi a de realizar un vídeo sobre un tema a escoller. No caso do noso grupo o tema escollido foi o da privacidade en internet.

A dicir verdade foi un tema bastante difícil de abordar, sobre todo porque o tempo co que contamos non daba pe a ideas que requirisen dunha gran desenvolvemento. Por outro lado tamén é difícil representar un tema como este de forma visual.

Ao final decantámonos por empregar o extenso uso que temos das sociais na sociedade actual para tratar a problemática da privacidade. Consideramos que, actualmente, a liña entre o público e o privado se está a difuminar cada vez máis. As redes sociais dannos a oportunidade de expoñer todo o que queiramos a outras persoas, dende fotos a opinións ou estados. O problema, neste caso, chega cando non somos conscientes de cómo controlar o que compartimos e con quen o compartimos.

Todo isto xa comeza a crear problemas, un dos máis coñecidos é, por exemplo, o das estafas en internet, cando persoas malintencionadas conseguen datos bancarios ou outra información persoal.

Outra dos problemas que se crea en torno á privacidade en internet é o ciberacoso. Este tema foi un dos primeiros que barallamos á hora de crear o vídeo, pero pareceunos demasiado oscuro e difícil de abordar. Aínda así é un tema que hoxe en día, por desgraza, está en auxe debido ao gran número de noticias en torno a cyberbulling e outros tipos de acoso máis perigosos.

Ao final acabámonos decantando por realizar un vídeo en clave humorística, co fin de dar a entender que todo o que publicamos en internet moitas veces pode ser visto por persoas que non desexamos que o vexan.

O noso vídeo consistiu en 3 situacións nas cales os protagonistas publican algo comprometedor nunha rede social, e ao momento  iso que publicaron aparece diante de todos para que o vexan. Abordámolo desta maneira para que esa exposición pública que temos nas redes sociais fose máis patente, como unha maneira de concienciar de que moitas das cousas que subimos poden ser vistas por todos.

Pola miña parte quedei moi satisfeito polo traballo en grupo que realizamos, creo que se plasmou perfectamente o que queríamos expresar no vídeo. Sen embargo o que máis rescato foi o feito de realizar un traballo distinto ao que soemos realizar noutras materias. A maioría das veces limitámonos a realizar traballos escritos, e con este puidemos levar a cabo outra maneira de tratar os contidos.

Ademais puidemos aplicar o que fomos aprendendo en sesións anteriores sobre a linguaxe cinematográfica e os tipos de planos, obviamente non contamos coa experiencia e habilidade suficiente para sacarlle todo o partido pero si que nos serviu de axuda.

Por outro lado, o feito de ter que deseñar unha serie de escenas e intentar transmitir unha idea de maneira visual levounos a profundizar máis no tema. De feito afondamos moito máis que se simplemente tivéramos que realizar un pequeno traballo por escrito, xa que tivemos que reflexionar sobre o problema e sobre as consecuencias que este supón, de modo que ao final acabamos tratando dende un punto de vista moi distinto ao habitual.