Infoxicación

Quero empezar este blog con esta imaxe que me parece moi representativa do que me sucedía a min, e como a min supoño que a moitos mais, antes de ter cursado esta materia. Descoñecía moitos dos termos que nas aulas se nos explicaron e un deles era o termo de infoxicación que defino a continuación:

Por infoxicación entendemos a sobrecarga de información ou exceso de información xerada polo incremento exponencial da mesma, que é amplificada e difundida a gran escala polos múltiple e variados medios e tecnoloxías. Isto provoca que que moito suxeitos teñan unha visión confusa, inintelixible e densa opacidade sobre a realidade que os rodea (sexa local, nacional ou mundial) ao non poder xestionar de maneira correcta toda a cantidade de información que ata eles chega.

Este termo foi acuñado por Alfons Cornella polo que a principios deste século xa existía un concepto para definir os síntomas do que empezábamos a vivir como un fenómeno global e que foi impulsado primeiro por Google e as redes sociais despois.

As causas da infoxicación débese ao volume inmanexable de datos, informacións, contidos e coñecementos que podemos recibir de internet e ao escaso coñecemento, que se da nalgúns casos, sobre o manexo da información por parte do usuario.

Calquera persoa pode estar "infoxicada" aínda que os máis propenso a estalo son aqueles que confunden a cantidade de información recibida coa calidade. Consideran que estar todo o día conectados a moitas fontes quere dicir estar ben informado, cando non é así, xa que o que imorta é a calidade da información que se recibe, e a ansiedade provocada por tanta información recibida que ten que ser procesada é o que infoxica. Outras das causas da infoxicación pode ser debida a que non expresamos correctamente aquelo que queremos buscar ou que temos en mente atopar. Outras das principales causas e que on somos críticos coas nosas necesidades de información o que conleva que nos desviemos das nosas pesquisas ou nos acabemos suscribindo a máis información da necesaria.

Para evitar estar infoxicado o primeiro que se deberíamos saber e sobre o que nos interesa estar informados, que é o que queremos saber, xa que hoxe en día somos moitos os que nos saltamos este paso, o máis fundamental de todos. Despois de ter decidido que é o que queremso buscar temos que saber buscalo, coma na miña anterios entrada xa dei as pautas pertinente non vou profundizar neste tema, xa que hoxe en día non sabemos buscar dunha maneira axeitada. E por último despois de ter atopado a información necesitamos xestionala, facer unha curación de contidos (agrupar, organizar, valorar e finalmente compartir a información), para así non nos ver saturados de información innecesaria.

Espero que a entrada vos sexa útil, xa que a min foi un dos termos que máis me sorprendeu na aula e moi interesante e necesaro saber o que é e como podemos evitalo, xa que non sei a vos pero persoalmente hai días nos que ata o simple feito de ver unha notificación xa me satura, polo que é moi necesario saber como combatir a infoxicación.

Información extraída de:

- Revista comunicar: http://www.revistacomunicar.com/pdf/preprint/38/01-PRE-12378.pdf

- Alfons Cornella: http://alfonscornella.com/thought/infoxicacion/

- Infomania: www.infonomia.com/img/pdf/sobrevivir_infoxicacion.pdf

- Revista Española de Documentació Científica: http://redc.revistas.csic.es/index.php/redc/article/view/744/825

Comentarios

  • Noelia Fernandez Alvarez

    A min tamén me ten pasado isto e aínda as veces me pasa, polo que seguramente sexa unha destas persoas infoxicadas. Penso que moitas das veces nos acontece isto xa que a rede é un "gran autoservicio" (Montero Pascual, Ruiz Dávila, Díaz Tejero, 2010).

    Dende o meu punto de vista é moi importante saber clasificar a información da rede, contrastala e estruturala. Como afirman Cebrián De la Serna e Gallego Arrufat (2011): "la enseñanza y aprendizaje con los medios y las tecnologías de la información y comunicación deben fundamentarse en una metodología de invesgación y construcción del conocimiento que alterne ejercicios de lectura crítica de los medios con actividades de producción y expresión personal".

  • Xeila

    Tes moita razón Judith, nunha das entradas que elaborara antes do remate do curso tamén introducira a mesma imaxe, porque como ben dis, representa moi ben o termo que trataches aquí.

    Eu penso que iso nos ocorreu a moitos de nós, e de feito, a día de hoxe para algúns dos traballos é tanta a cantidade de información que aparece que non se sabe moi ben por onde buscar. Non sei a nivel xeral, pero creo que nas escolas ensinan a que busques en Google, por exemplo, pero non ensinan como diferenciar a información de calidade da que non o é. Sen embargo tamén creo ( e eu persoalmente noteino), que ao longo desta materia se foron dando claves para evitar infoxicarnos, e por exemplo o emprego de operadores booleanos axúdanme a reducir a procura na rede centrándoa nos elementos principais que quero atopar.

    Ademais, penso que o día de mañá seremos nos quen poidamos ensinar a evitar a infoxicación, poñendo en práctica o que dende agora estamos a aprender, e moitos máis elementos que iremos descubrindo.