Transmedia e Educación

O concepto de Narrativa Transmedia (transmedia storytelling) foi introducido por Henry Jenkins no ano 2003 indicando nun artigo da Revista “Technology Review” o seguinte: “Hemos entrado en una nueva era de convergencia de medios que vuelve inevitable el flujo de contenidos a través de múltiples canales”. Ben pois, segundo C. A. Scolari (http://www.accioncultural.es/media/Default%20Files/activ/2014/Adj/Anuario_ACE_2014/6Transmedia_CScolari.pdf) hai dous principais rasgos da narrativa transmedia, que son: o feito de tratarse dun relato que se conta a través de múltiples medios e plataformas (a narrativa comeza nun cómic, segue nunha serie televisiva de debuxos animados, expándese en forma de longametraxe e incorpora novas aventuras interactivas nos videoxogos); e, por outra banda, é importante indicar acerca do termo que moitos dos receptores non se limitan a consumir o produto cultural, senón que amplían o mundo narrativo con novas pezas textuais.

O mesmo Scolari (2009) (http://www.academia.edu/9840588/Aplicaci%C3%B3n_de_la_narrativa_transmedia_en_la_ense%C3%B1anza_universitaria_en_Espa%C3%B1a_Aprendizaje_colaborativo_multiplataforma_y_multiformato) indica que “la narrativa transmedia no es solo la adaptación de un medio a otro”, isto é: a mensaxe é repartida noutras mensaxes independentes sendo estas distribuídas cun formato e plataforma concretos. O que se pretende é que cada un destes formatos e plataformas aporten maior información sobre a idea global, obtendo así maior información aquelas persoas que decidan recorrer a máis dun formato e plataforma.

Chegados a este punto, penso que é preciso tomar en consideración unha definición do que é a Narrativa Transmedia en mans doutros autores. Seguindo no mesmo enlace, M. A. Ossorio Vega fai referencia á seguinte definición: “Aquella forma de producir contenidos que contruye un relato global a través de relatos independientes en diferentes formatos, y cuya convergencia aporta una historia única que se complementa con las historias y características de cada una de las partes que forman el todo. En ella, el público deja de ser un ente pasivo y pasa a interactuar combinando los distintos medios que tiene a su alcance para crear a su manera el discurso y obtener la información que reclama, así como para intercambiar con otros usuarios o consumidores datos, consejos y experiencias basadas en la historia central y en historias parciales”.

Segundo dito autor, os principais elementos a ter en conta na Narrativa Transmedia son os seguintes:

  • Existencia dunha mensaxe ou historia global.
  • Existencia e converxencia de relatos independentes que versan sobre esa mesma historia global, e da que mostran pequenas parcelas básicas, pero diferentes.
  • Uso de diversas plataformas mediáticas, dispositivos e linguaxes para distribuír en cada un dos relatos independentes, e os cales converxen entre si para articular a historia ou mensaxe global.
  • Actitude activa do público, que analiza e selecciona as plataformas que utilizará para obter as parcelas da historia global que lle farán coñecer a mensaxe que se transmite. Para Henry Jenkins (http://www.farq.edu.uy/estetica-diseno-ii/files/2013/05/119756745-1r-Capitulo-Narrativas-Transmedia.pdf), que os usuarios cooperen activamente no proceso de expansión transmedia, fai que estes sexan nomeados como "prosumidores", é dicir, produtores e consumidores.
  • Emisor que recompila datos do público para configurar produtos en base ás súas necesidades, desexos e inquedanzas e facilitar a transmisión de mensaxes baixo a óptica de ofrecer o que o público demanda.

 

Segundo Scolari (http://www.farq.edu.uy/estetica-diseno-ii/files/2013/05/119756745-1r-Capitulo-Narrativas-Transmedia.pdf) o termo de Narrativa Transmedia non se atopa aillado, senón que son moitos os conceptos que forman parte deste ámbito: cross media, plataformas múltiples (multiple platforms), medios híbridos (hybrid media), mercancía intertextual (intertextual commodity), mundos transmediales (transmedial worlds), interaccións trasmediales (transmedial interactions), multimodalidade (multimodality) ou intermedios (intermedia). A continuación defino os seguintes: 

- Cross media:  segundo J. Boumans defínese a partir de catro criterios básicos: a produción comprende máis de un medio e todos se apoian entre si a partir das súas potencialidades específicas; é unha produción integrada; os contidos distribúense e son accesibles a través dunha gama de dispositivos como ordenadores persoais, teléfonos móviles, televisión, etc:., e o uso de máis dun medio debe servir de soporte ás necesidades dun tema, historia, obxectivo ou mensaxe dependendo do tipo de proxecto.

- Plataformas múltiples (multiple platforms): proveedora dun marco de deseño que incorpora os diferentes medios, plataformas, ou sistemas de software.

- Mercancía intertextual (intertextual commodity). É un concepto proposto por D. Marshall e colócao no centro das actuais estratexias das industrias culturais para captar ás novas audiencias. Este termo obríganos a pensar en termos dunha economía política textual e por outra banda, o concepto de mundo transmedia lévanos a unha teoría dos mundos narrativos.

 

NARRATIVA TRANSMEDIA E EDUCACIÓN

¿Pode ser empregada a Narrativa Transmedia como unha estratexia nos procesos de ensino aprendizaxe?

Anteriormente faleivos de cinco elementos fundamentais do termo en cuestión que tiña en conta o autor M. A. Ossorio Vega (http://www.academia.edu/9840588/Aplicaci%C3%B3n_de_la_narrativa_transmedia_en_la_ense%C3%B1anza_universitaria_en_Espa%C3%B1a_Aprendizaje_colaborativo_multiplataforma_y_multiformato), ben pois, o mesmo trasládaos á educación e sinala os seguintes:

  1. Unha mensaxe ou historia global: nun proceso de comunicación docente a mensaxe será unha materia, unha lección, un tema, un concepto...
  2. Relatos independentes: obtéñense da mensaxe global, e son a disección da mensaxe a transmitir. Os relatos serán converxentes entre si, facilitando así que os alumnos consigan en cada un deles a suficiente cantidade de información básica.
  3. Plataformas: é preciso coñecer os recursos dispoñibles, sendo así máis doado traballar posteriormente coas mensaxes.
  4. Público activo: para que exista unha narrativa transmedia na educación, aínda que os alumnos son os individuos receptores é preciso que estes se mostren como un público participativo no proceso; xa que deles dependerá o proceso ata á comprensión da información global transmitida. Con un público activo conseguirase superar un proceso de comunicación unidireccional clásico grazas á transmedia.
  5. Emisor: este non é o encargado unicamente de poñer en práctica a estratexia transmedia, senón que debe recompilar datos do público. Os datos serán beneficiosos para coñecer e comprender a necesidades, desexos, problemas, etc. do público; adaptando así a mensaxe ás necesidades e inquedanzas de cada un dos receptores.

 

                Polo tanto, a Narrativa Transmedia cobra unha gran relevancia na educación. Como indica F. Pinel (http://www.esdi.url.edu/content/pdf/transmedia-storytellingok.pdf): “La aplicación de un modelo transmedia al aprendizaje, supone también una adecuación a las formas de experimentación del relato de las nuevas generaciones. La integración de las plataformas y tecnologías que permiten la integración de relatos transmediales es un paso de vital importancia para la adaptación de las metodologías de enseñanza a las nuevas formas de entender la realidad, en un contexto de cultura digital. (...)”.

 

Ata aquí cheguei a indagar eu sobre a Narrativa Transmedia, asegurándovos que seguro que me quedan moitas cousas no tinteiro. Decidín buscar información sobre este tema xa que, a pesar de coñecer o seu significado e algunhas ideas, pensei que era preciso constituír tal concepto de mellor xeito, xa que sempre me resultou importante. Agora que xa teño indagado, podo dicir que non sabía apenas nada do concepto, e seguramente aínda non saiba nin a metade de conceptos que isto pode abarcar. Aínda así penso que con esta entrada fun constatando algunhas das súas características máis importantes.

A pesar de que non o parece, é un termo co que nós vivimos familiarizados día a día, de xeito máis ben implícito diría eu; quen me ía dicir a min que casos como os de The Matrix, Star Wars ou Harry Potter son experiencias transmedia? Agora vou aprendendo paso a paso pequenas cousas do cotiá. Por outra banda, creo de vital importancia a Narrativa Transmedia na Educación, neste senso penso que é preciso a formación dos docentes para así abordar os temas dende esta perspectiva de xeito óptimo, ou cando menos correcto. Abordar os obxectos de coñecemento dende unha perspectiva transmedia está en mans de docentes e alumnos, pero sobre todo dos primeiros. Por isto, é necesario que os docentes dispoñan e manexen as ferramentas precisas para un proceso de ensino – aprendizaxe con estas características, ademais os docentes teñen que ser quen de construír un tema global a partir de distintos medios. En definitiva, o docente deberá coñecer as peculiaridades da transmedia, posibilitando así o desenvolvemento de temas a través de medios interconectados. Dende o meu punto de vista, a narrativa transmedia pode aportar moitas vantaxes na educación, tanto ao profesorado como o alumnado.

 

Para finalizar indícovos un vídeo que ilustra a Narrativa Transmedia e a súa aplicación na Educación.

 

WEBGRAFÍA:

Scolari, C. A. (2014). Narrativas Transmedia: nuevas formas de comunicar en la era digital. Anuario AC/E de CULTURA digital. Arquivo PDF recuperado o 24/6/15 en: http://www.accioncultural.es/media/Default%20Files/activ/2014/Adj/Anuario_ACE_2014/6Transmedia_CScolari.pdf

Scolari, C. A. (2013). Narrativas Transmedia: cuando todos los medios cuentan. Barcelona. Arquivo PDF recuperado o 24/6/15 en: http://www.farq.edu.uy/estetica-diseno-ii/files/2013/05/119756745-1r-Capitulo-Narrativas-Transmedia.pdf

Pinel, f. (2014). Transmedia Storytelling: el relato a través de los medios. Arquivo PDF recuperado o 24/6/15 en: http://www.esdi.url.edu/content/pdf/transmedia-storytellingok.pdf

Arrieta, A. M. (2012). Transmedia: Una propuesta para la producción de contenidos educativos. Revista KEPES, año 9, nº 8. Arquivo PDF recuperado o 24/6/15 en: http://200.21.104.25/kepes/downloads/Revista8_12.pdf

Ossorio Vega, M. A. Aplicación de la narrativa transmedia en la enseñanza universitaria en España: Aprendizaje colaborativo, multiplataforma y multiformato. Universidad Complutense de Madrid. Recuperado en: http://www.academia.edu/9840588/Aplicaci%C3%B3n_de_la_narrativa_transmedia_en_la_ense%C3%B1anza_universitaria_en_Espa%C3%B1a_Aprendizaje_colaborativo_multiplataforma_y_multiformato

Comentarios

  • Judith Viqueira Díaz

    Moi boa entrada Noelia, e estou moi de acordo contigo no de que hai que formar aos docentes neste senso porque polo menos no meu caso sempre me ensinaron cousas de forma independente e despois era eu quen lle tiña que buscar a relación ou material que complementase todo o aprendido porque o material que nos usábamos nas aulas era exclusivamente o libro.

    Aquí che deixo unha imaxe que representa moi ben a narrativa transmedia:

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Comparto esta idea contigo Judith, ensináronnos e aprendemos a través de libros. Para que isto se vexa modificado e os libros sexan complementados con outros soportes é importante a formación dos nosos docentes, como ben ti indicas.

    Grazas pola túa imaxe! :)

  • Noelia Dominguez Hermelo

    Muy interesante tu entrada Noelia, me ha gustado mucho y me ha aportado nueva información sobre la narrativa transmedia. Cuando creo tener claro el concepto y conocerlo en su totalidad, descubro algo nuevo sobre él. Muy interesante la relación de los elementos aplicados a la educación, lo cierto es que había visto por alguna página los elementos que mencionas pero no me había encontrado con esa clasificación que explicas en tu entrada.

    La verdad es que cuanto más me informo y conozco de este tema me doy cuenta de lo inmersos que estamos en la narrativa transmedia y lo poco que sabiamos sobre ella. Sagas tan conocidas como las que mencionas tú, que todos hemos visto o somos conscientes de la cantidad de difusión que han tenido y no habíamos reparado en este concepto que se encuentra implícito en todas ellas.