Que teñen en común Matrix, Harry Poter e Lost?

 

A pesares de que Harry Potter comezou sendo só un libro, Matrix unha película e Lost unha serie televisiva, estas tres creacións teñen algo en común e isto é que se convertiron en produccións trasmedia.

Durante o desenvolvemento dunha das clases expostivas de Tecnoloxía Educativa fixemos referencia ao fenómeno da Narrativa Transmedia. Este foi un termo introducido por Henry Jenkins nun artigo publicado no ano 2003 en escribió en Technology Review “hemos entrado en una nueva era de convergencia de medios que vuelve inevitable el flujo de contenidos a través de múltiples canales".

Investigando un pouquiño máis sobre este fenómeno atopeime coa definición que aportou Carlos Scolari: “un tipo
de relato en el que la historia se despliega a través de múltiples medios y plataformas de comunicación y en el cual una parte de los consumidores asume un rol activo en ese proceso de expansión”. (Scolari, 2013)

Quédanos claro entón por un lado que se trata dun relato que se conta través de múltiples plataformas e por outros que os espectadores deixan de ser meros receptores e consumidores e adréntase na tarefa de expandir esa producción, conta pois coa partipación activa dos usuarios.

A verdade teño que dicir que non sabía que este fenómeno se denominaba así, e tamén que sen querer e case de maneira inconsciente participamos nel. Creo que este fenómeno se debe a que cada día as empresas buscan noval alternativas para chamar a nosa atención e para relatar as historias dunha maneira moito máis orixinal.

Afondando unha vez máis sobre esta cuestión encontrei os 8 principios básicos deste fenómeno. Estes foron numerados por Jeff Gómez, director de varios proxectos transmedia de Disney ou Coca-cola:

  1. El contenido es creado por uno o varios visionarios.
  2. Transmedia desde el inicio.
  3. El contenido debe distribuirse al menos en 3 plataformas.
  4. El contenido es original y único para cada plataforma.
  5. El contenido muestra una visión única del mundo narrativo.
  6. Evitar divisiones o incoherencias en el mundo narrativo.
  7. Integrar a todos los actores del proceso.
  8. Participación de los usuarios.

Logo de ter atopado isto, dispúxenme a intentar pescudar unha imaxe que reflectira est fenómeno e ao meu modo de ver, este imaxe represéntao á perfección:

 

 

Fontes consultadas:

Comentarios

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Nuria, non sei se puideches ver a miña última entrada que, ao igual que ti, tamén adiquei á Narrativa Transmedia.

    Eu tamén tomei como principal referencia a Scolari, xa que considero, tras as búsquedas realizadas, que proporciona grandes aportacións sobre este termo. Parécenme moi interesantes os 8 principios básicos que nomeas xa que permiten a posibilidade de apreciar as características máis básicas da Narrativa Transmedia. 

    Comparto contigo o feito de non saber que estes feitos eran denominados baixo este termo, sabendo que participamos nos mesmos diariamente. 

  • Nuria Parada

    Moitas grazas polo comentario Noelia! Sí, de feito estívena lendo agora e tamén vin que ter referiras a Scolari e sí coincido contigo que unha das persoas que proporciona máis aportacións sobre este tema.

  • Xeila

    Creo, polo que vexo, que Scolari é unha referencia común. Eu tamén adiquei unha entrada á Narrativa Transmedia e dende logo, ten moita cabida na sociedade actual.

    A diferencia de ti, eu non incluín os principios básicos, e agora coido que son importantes a ter en conta.

    Por outra parte, falei tamén das grandes posibilidades que esta nova narrativa pode ofrecer no contexto educativo, porque a través das diversas historias creadas, pódese achegar dun mellor xeito aos alumnos e alumnas, facendo que vexan a aprendizaxe como algo interesante e moi bo para eles.