Fenda dixital...

O termo fenda dixital, que vimos durante o desenvolvemento das clases de Tecnoloxía Educativa fai referencia a dúas ideas diferentes, estas son:

  • A diferenza socioeconómica entre aquelas comunidades que teñen accesibilidade ás TIC e a Internet aquelas que non o teñen

  • As diferenzas que hai entre grupos segundo a súa capacidade para a utilzación das TIC de forma eficaz, debido aos distintos niveis de alfabetización e capacidade tecnolóxica. Así mesmo, tamén se empregan para sinalar as diferenzas entre aqueles grupos que teñen acceso a contidos dixitais de calidade e aqueles que non.

Este concepto ao que me refiro atopa o seu antecesor nun informe chamado "O elo perdido" que se publicou no ano 1982. Este termo procede do inglés, e existen dúbidas sobre quen foi o acuñador do mesmo, nalgunhas publicación outórgaselle a Simon Moores, mentres que outros refírense Lloyd Morrisett como a primeira persoa que o usou para referirse á "fractura" que podía chegar a producirse nos EEUU entres os "conectad@s" e os "non conectad@s", se non se superaban as diferencias entre clases, razas, etnias, xéneros a través de orzamentos públicos en infraestructuras e axudas en educación.

Para diminuír a fenda dixital unha gran cantidade de gobernos de todo o mundo, desenvolveron plans encamiñados á súa diminución, é dicir que dende os gobernos implántanse políticas de accesibilidade web, independentemente das súas limitacións físicas ou das derivadas da súa contorna poidan usar de forma satisfactoria Internet. Un exemplo disto sería o que ONU plantexou na cume NetMundial en Sao Paulo 2014. Segundo a Organización das Nacións Unidas a gobernanza de internet debe enfocarse en diminuír a fenda dixital entre aqueles que teñen acceso á rede e aqueles que pola contra non disfruten del, xa que hoxe en día son máis de 2/3 da poboación mundial.  

Creo que reducir os efectos da fenda dixital na nosa contorna é un obxectivo importante a acadar nestes tempo da sociedade da información, a causa de que as TIC son un elemento moi importante nos nosos días.

 

Fontes consultadas: 

 

Comentarios

  • Antía Prado

    ¡Muy buena entrada Nuria! Me ha gustado especialmente que hayas profundizado un poquito en la primera acepción, porque yo sólo sabía de la segunda. Nunca antes había escuchado hablar del fenómeno de la «brecha digital»,  hasta que salió en clase, y debo reconocer que tampoco me llamó mucho la atención. Fue después, para el trabajo de Educación Comparada, cuando tuve que investigar y trabajarlo un poco más a fondo y me di cuenta de que realmente tiene más trasfondo del que parece.

    Hablar de tecnología suele implicar la comparativa cronológica del “ANTES VS AHORA”. Y en ese juego, por desgracia, entra también la población: el antes son las generaciones adultas, los «inmigrantes digitales»; el ahora somos nosotros, las generaciones jóvenes, los «nativos digitales». Preparando una entrada que subiré próximamente, encontré un fragmento que, lo cierto es que no tenía nada que ver con lo que estaba buscando, pero viene de perlas para completar lo que tú comentas aquí y que explica, precisamente, esos dos grupos diferenciados por su capacidad para utilizar las TIC:

    “En 2004, Marc Prensky  […] acuñó la expresión «digital natives» en oposición a «digital inmigrants», estableciendo que los nativos digitales eran capaces de crear los instrumentos que utilizaban al tiempo que daban múltiples usos a los ya existentes, mientras que los inmigrantes digitales sólo eran capaces de utilizar lo ya creado siguiendo las pautas de uso establecidas. Pero ¿acaso los nacidos de lleno en el ambiente TIC están preparados, por una cuestión cronológica y de usos cotidianos, para un correcto manejo de las mismas? […] Utilizar un móvil o videojuegos de última generación son habilidades que no bastan para ser digitalmente competente.” (http://www.operaworld.es/competencia-3/) 
  • Nuria Parada

    Moitas grazas polo teu comentario Antía! A verdade é que ao principio non me gustaba moito isto de publicar no blog pero ao final doume de conta de que é un recurso moi bo xa que complementamos aquelas cousas que vimos na clase coa nosa contrucción persoal e ademais polo que vexo axudámonos uns a outros, xa que as publicacións de uns e outros nos axudan a entender moito mellor o contido tan amplo desta materia.

  • Ivan Calviño Gomez

    A verdade a fenda que se da debido ao nivel socioeconómico é un gran problema, e tamén moi preocupante. Sen embargo a segunda fenda á que fas referencia, pola miña parte, é a que máis me chama a atención.
    Hoxe en día podemos ver que as persoas menores de 35 anos, tal vez mesmo de 40, temos unha gran dependencia da tecnoloxía e dos medios dixitais. Logo estan os maiores de 40 que poden ter algúns coñecementos ou nalgúns casos tamén un dominio moi bo. E logo as persoas máis maiores que non teñen case ningún coñecemento sobre o uso desta tecnoloxía.
    O caso é que creo que este último grupo se está quedando demasiado colgado nestes momentos. Ahora mesmo case todo é dixital, cada vez máis cousas se fan por internet. E este terceiro grupo vive completamente alleo a todo isto, perdéndose gran parte do que está a ocorrer.

    É verdade que se intenta arranxar isto con programas formativos, pero a maioría quédanse en anécdotas. É unha lástima porque creo que podería mellorar moito a calidade de vida destas persoas

  • Nuria Parada

    Coincido contigo Iván, e aínda que a fenda dixital debido ao nivel socioeconómico me preocupa creo que na maioría dos países que existe, antes desta terían que ter outras prioridades como son: a comida, a potabilización da auga, os DDHH...

    Logo no tocante a fenda dixital que se refire ás diferenzas existentes entre grupos segundo a utilización de forma eficaz das TIC, pois teño que dicirche que che dou a razón. Cada vez son máis as persoas que se atopan "desconectadas".

    Tamén creo que deberían ser moitos máis todos aqueles programas e cursos formativos que se impulsen dende os concellos, deputacións ou mesmo dende o Estado sobre todo para aquel público como son as persoas maiores para o aprendizaxe e utilización  das TIC e todos os beneficios que estas lle poden aportar. Ademais o proceso debería de ser paulatino e continuo xa que por exemplo, no concello no que eu vivo, Xinzo de Limia, organizáronse cursillo para persoas maiores de 65 anos pero de moi curta duración co cal moitos dos asistentes e asistentas non aprenderon máis que a encender/apagar o ordenador e crar un documento en Word.

  • Antía Prado

    Sí Iván, la verdad es que es una pena que haya generaciones que queden "colgadas" o "desconectadas"... Debe ser realmente frustrante ver que absolutamente todo cambia a tu alrededor y a un ritmo tan acelerado, y no dar seguido el ritmo. Porque esa es otra, si por algo se caracteriza este nuevo Paradigma Digital es por la inmediatez, parece que si no corremos no llegamos, todo tiene que ser ya. El otro día leí una frase de Katherine Neville que, aunque en ese momento no tenía ninguna finalidad, apunté porque podría sacarle partido en el blog más adelante; pero creo que no podría haber encontrado un momento mejor para compartirla: "Los que no puedan mantener el ritmo de la revolución tecnológica, se encontrarán con que ellos mismos se han vuelto obsoletos".

    Pienso que parte del problema es que los «nativos digitales» damos muchas cosas por sentadas que los «inmigrantes digitales» realmente no controlan, aunque yo como supuesta «nativa digital» también me he sentido perdida en más de una ocasión en materia de TICs y herramientas digitales. Hace unos años ya me enseñaron un vídeo que, aunque reconozco que de aquélla me hiciera bastante gracia, ahora veo que esa risa esconde detrás el dilema de la brecha digital. Os dejo por aquí en enlace por si os apetece verlo:

    Tampoco voy a avergonzarme de haberme reído, aún ahora al verlo otra vez alguna sonrisa me ha saco, un poco de humor nunca viene mal; pero también es importante reconocer la realidad e intentar ponerle solución con, por ejemplo y como bien proponéis, programas y cursos formativos.