Na era dixital, o Conectivismo

O conectivismo é unha teoría da aprendizaxe que foi desenvolta por George Siemens nos seus inicios. Trátase dunha teoría que se pode considerar recente, a cal combina aspectos doutras teorías básicas anteriores como son as coñecidas: condutismo, cognitivismo e construtivismo. Como fai isto? Mantén un vínculo en relación ás Tecnoloxías da Información e Comunicación e sobre o modo en que as mesmas producen efectos, condicionan e establecen relacións nas persoas para a súa aprendizaxe.

A continuación preséntovos unha definición de dita teoría da aprendizaxe da man de George Siemens (2004) (http://apliedu.xtec.cat/wikiform/wikiexport/_media/cursos/tic/d006/modul_1/conectivismo.pdf): “El conectivismo es la integración de principios explorados por las teorías de caos, redes, complejidad y auto – organización. El aprendizaje es un proceso que ocurre al interior de ambientes difusos de elementos centrales cambiantes – que no están por completo bajo control del individuo. El aprendizaje (definido como conocimiento aplicable) puede residir fuera de nosotros (al interior de una organización o una base de datos), está enfocado en conectar conjuntos de información especializada, y las conexiones que nos permiten aprender más tienen mayor importancia que nuestro estado actual de conocimiento”.

Para deixar con maior claridade o termo, presento agora os principios desta teoría da aprendizaxe segundo G. Siemens (2004):

  • A aprendizaxe e o coñecemento dependen da diversidade de opinións.
  • A aprendizaxe é un proceso de conectar nodos ou fontes de información especializados.
  • A aprendizaxe pode residir en dispositivos non humanos.
  • A capacidade de saber máis é máis crítica que aquelo que se sabe nun momento dado.
  • A alimentación e mantemento das conexións é necesaria para facilitar a aprendizaxe continua.
  • A habilidade de ver conexións entre áreas, ideas e conceptos é unha habilidade clave.
  • A actualización (coñecemento preciso e actual) é a intención de todas as actividades conectivistas de aprendizaxe.
  • A toma de decisións é, en si mesma, un proceso de aprendizaxe. O acto de escoller que aprender e o significado da información que se recibe, debe ser visto nun contexto que resulta cambiante.

 

 

O punto de partida do conectivismo é o individuo: o coñecemento persoal forma unha rede que proporciona información a organizacións e institucións, e ambas á súa vez levan a cabo unha retroalimentación para a rede, facendo así que os individuos adquiran novas aprendizaxes. Neste senso tamén podemos ter en conta a palabra clave sobre o termo en cuestión, que é a conexión; por que clave? Porque a conexión resulta imprescindible de cara a xerar novos coñecementos, e ademais a aprendizaxe trae consigo unha interconexión entre campos, ideas e conceptos.

O conectivismo tamén presenta retos educativos (https://teduca3.wikispaces.com/5.+CONECTIVISMO):

  1. Capacitar aos alumnos para que pasen de ser consumidores do coñecemento a produtores do mesmo.
  2. Se o coñecemento que se precisa non é coñecido, desenvolver a habilidade de conectarse con fontes que corresponden ao que se require.
  3. Desenvolver as competencias tecnolóxicas no uso e apropiación das TIC que garantan o desenvolvemento individual e colectivo en termos de colaboración e cooperación con outros estudantes e profesores.

 

Ben pois, é evidente a presenza das TIC nesta teoría da aprendizaxe e tamén a súa importancia. Dito isto, é preciso indicar que dita importancia non radica no uso das TIC como unha simple ferramenta, tema do que estamos a falar continuamente; pola contra, dita importancia radica no conxunto de relacións nos procesos de aprendizaxe tras o uso das novas tecnoloxías. A relevancia mantense na información que ten capacidade de transformación co seu uso.

Por outra banda, e tomando como punto de referencia a educación, o conectivismo plantexa un novo xeito de cara a abordar os procesos de ensino – aprendizaxe. Promóvese así unha aprendizaxe colaborativa e cooperativa, onde o docente abandona o seu papel tradicional como persoa que ten o saber, para mostrarse como un facilitador. Como consecuencia, os alumnos tamén deixan de recibir dito saber de xeito pasivo para así consolidar conexións de aprendizaxe. En definitiva: “El aprendizaje es construido entre todos, compartiendo, creando, relacionando conceptos y tanto el estudiante como el facilitador aportan información y conocimiento al grupo. Aunque la relación es horizontal, el papel del facilitador (docente) siempre será el de orientar el aprendizaje” (http://uoctic-grupo6.wikispaces.com/Conectivismo).

 

Que credes disto? É o conectivismo utilizado nos procesos de ensino – aprendizaxe? En realidade se combateu ese papel no que o profesor é o que ten o saber? Dende o meu punto de vista e baixo a miña experiencia, en xeral a educación continúa a rexerse nestes aspectos e características. A miña opinión sobre o conectivismo, que tras a búsqueda de información observo que case non sabía nada sobre o termo, resulta significativa de cara a educación dos cativos de hoxe en día. Considero especialmente importantes os retos educativos que plantexa o conectivismo de cara unha mellora dos procesos de ensino – aprendizaxe, e tamén de cara a combater unha educación tradicional onde o alumnado ten un papel pasivo. Penso que hoxe en día un dos principais problemas radica en culpar aos alumnos dos seus erros ou diversidade de problemáticas na escola, cando a nosa educación en moitos dos casos segue a manterse tradicional. Penso que debemos intentar na medida do posible cambiar isto de cara a unha mellor educación así como tamén unha mellor calidade dos procesos de ensino – aprendizaxe.

 

WEBGRAFÍA:

Siemens, G. (2004). Conectivismo: una teoría del aprendizaje para la era digital. Arquivo PDF, recuperado o 2/7/15 en: http://apliedu.xtec.cat/wikiform/wikiexport/_media/cursos/tic/d006/modul_1/conectivismo.pdf

Conectivimo. Recuperado o 2/7/15 en: https://teduca3.wikispaces.com/5.+CONECTIVISMO

El conectivismo, una teoría para la era digital. Recuperado o 2/7/15 en: http://uoctic-grupo6.wikispaces.com/Conectivismo

Conectivismo. Recuperado o 2/7/15 en: https://uoc1112-usodelasticactividad5.wikispaces.com/IV.+Conectivismo

Fonte imaxe: http://blog.cemebe.info/conectivismo-un-nuevo-enfoque-pedagogico/