Nativos Dixitais e Inmigrantes Dixitais

Marc Prensky (2001) (http://aprenderapensar.net/2009/05/18/nativos-digitales-vs-inmigrantes-digitales/http://aprenderapensar.net/2009/05/18/nativos-digitales-vs-inmigrantes-digitales/) presentou a “brecha dixital” como un enfrontamento nas aulas de dúas xeracións:

1.      A que medrou coa omnipresencia dos dispositivos dixitais, e que ademais non é capaz de entender o mundo sen os mesmos: NATIVOS DIXITAIS.

2.      E por outra banda, aquela xeración que se criou con libros e os profesores tradicionais, á que lle resulta complicado chegar ao seu público máis xoven: INMIGRANTES DIXITAIS.

Prensky (2001) é o que utiliza por primeira vez estes dous termos, mediante os cales ten en conta a diferenza entre o colectivo que naceu antes de que se diseminaran as tecnoloxías e o colectivo que naceu despois disto.

Ben pois, os Nativos Dixitais para este autor son “falantes” da linguaxe dos ordenadores. Falan o idioma do novo mundo naturalmente e resúltalles complicado adoitarse a métodos tradicionais. Os Nativos Dixitais estudan, comunícanse e xogan utilizando as ferramentas dispoñibles, que teñen ao seu alcance. Pola contra, aos Inmigrantes Dixitais cústalles adoitarse ao mundo das novas tecnoloxías debido a que, en relación cos anteriores, participan nesta era dixital máis tarde.

En xeral, pódense ter en conta as seguintes diferenzas entre os nativos e inmigrantes dixitais (http://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf):

-       Queren recibir a información de forma áxil e inmediata.

-       Séntense atraídos por multitarefas e procesos paralelos.

-       Prefiren os gráficos aos textos.

-       Inclínanse polos accesos ao azar (dende hipertextos).

-       Funcionan mellor e renden máis cando traballan en Rede.

-       Teñen conciencia de que van progresando, o cal lle proporciona satisfacción e recompensa inmediatas.

-       Prefiren instruírse de forma lúdica a embarcarse no rigor do traballo tradicional.

 

            Ambos os dous grupos teñen a capacidade de conectarse, comunicarse e traballar en liña, navegar pola rede e facer uso de diversos recursos informáticos que están dispoñibles. A diferenza é que uns fanos naturalmente, rápido e fácil, pola súa familiarización coa rede e novas tecnoloxías; e sen embargo, o outro colectivo tivo que ir aprendendo constantemente, de xeito paulatino, e aínda non dominan por completo as tecnoloxías, polo que fan uso de métodos e ferramentas tradicionais. 

Segundo Prensky (http://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf), as diferenzas entre os alumnos, como Nativos Dixitais, e os profesores, como Inmigrantes Dixitais, provoca problemas na educación. En segundo lugar, tamén indica que o cerebro dos Nativos sexa fisioloxicamente distinto ao dos Inmigrantes, como consecuencia dos estímulos dixitais que foron recibindo dende o seu nacemento. E en terceiro lugar, para rematar, Prensky afirma que a aprendizaxe a través dos xogos dixitais é unha fórmula didáctica novedosa e útil, xa que fai posible interactuar e comunicarse positivamente cos Nativos gracias á utilización dunha nova lingua común que corresponda con tal idioma nativo.

Polas diferenzas existentes entre ditos Nativos Dixitais e Inmigrantes Dixitais, que credes que debería acontecer? Somos os alumnos Nativos Dixitais os que deben aprender as formas tradicionais, ou son os docentes Inmigrantes Dixitais os que deben aprender as novas?

Dende o meu punto de vista, penso que os Nativos Dixitais debemos respectar, preservar e utilizar recursos tradicionais sen menosprezar o seu valor; e, por outra banda, os Inmigrantes Dixitais deben adaptarse ao cambio e esforzarse de cara ao uso das novas tecnoloxías nas aulas, aproveitando así moitas vantaxes que nos proporcionan ditas tecnoloxías nos procesos de ensino – aprendizaxe. En definitiva penso que deberíamos ter en conta tanto métodos tradicionais como novedosos, evitando así que  os Nativos Dixitais e os Inmigrantes Dixitais fagan uso única e exclusivamente do que eles coñecen e logrando que cada un dos colectivos coñeza de mellor xeito os do outro.

 

Outórganos vantaxes ou beneficios aos estudantes nacer na era dixital en relación aos procesos de ensino – aprendizaxe? E así, os profesores resultan incompetentes para ensinar neste contexto?

A miña experiencia indícame que en realidade, a pesar de nacer cando as tecnoloxías xa se atopaban diseminadas e ser supostamente unha nativa dixital, aínda me queda moito que aprender das novas tecnoloxías; sobre todo aprender en base a "como utilizalas" e non "que utilizar". Como alumna por un lado, penso que hai que coñecer de xeito óptimo as características e peculiaridades das novas tecnoloxías para poder obter beneficios e vantaxes, polo que non considero que sexa todo beneficio o feito de haber nacido na era dixital. Por outra banda, como futura pedagoga penso que é preciso facer uso das mesmas utilizando todos os recursos valiosos que nos ofrecen para os procesos de ensino - aprendizaxe. A nivel persoal, e despois de todos os anos que levo transcorrendo como alumna no sistema educativo, non considero aos docentes incompetentes por utilizar só libros; de todos os xeitos, considero de importancia que os mestres se vaian actualizando e formando na sociedade na que vivimos, para así adaptar o seu xeito de ensinar tamén. Ademais, como xa temos falado máis veces, penso que o verdadeiramente importante non é innovar creando aulas TIC, proporcionando aos colexios aparellos dixitais como os pórtatiles, ordenadores, etc, senón que o importante reside no xeito de utilizar e aproveitar as posibilidades dos mesmos para os procesos de ensino - aprendizaxe. Penso que parte do éxito pode estar na adaptación, tanto dos Nativos Dixitais como Inmigrantes Dixitais.

Para rematar indícovos un vídeo onde podedes ver estos dous termos explicados:

 

WEBGRAFÍA:

Prensky, M. (2001). Narrativos Digitales, Inmigrantes Digitales. MCB University Press, Vol. 9, No 6. Arquivo PDF, recuperado o 7/7/15 en: http://files.educunab.webnode.cl/200000062-5aba35bb22/Nativos-digitales-parte1.pdf

Prensky, M. Nativos e Inmigrantes Digitales. Institución Educativa SEK. Arquivo PDF, recuperado o 7/7/15 en: http://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf

Sánchez Espinoza, A. e Castro Ricalde, D (2013). Cerrando la brecha entre nativos e inmigrantes digitales a través de las competencias informáticas e informacionales. Revista de Innovación Educativa. Recuperado o 7/7/15 en: http://www.udgvirtual.udg.mx/apertura/index.php/apertura3/article/view/413/334

Aprender a pensar (2009). Narrativos digitales vs. Inmigrantes digitales. Recuperado o 7/7/15 en: http://aprenderapensar.net/2009/05/18/nativos-digitales-vs-inmigrantes-digitales/

 

Comentarios

  • Xeila

    Moi boa observación sobre a brecha dixital Noelia. Eu tamén elaborei unha nova entrada sobre esa mesma temática, e a diferencia de ti enfoqueina dunha maneira máis xeral. Nela tamén incluín estes dous conceptos dos que falas, e teño que dicir que me sorprendeu porque non me parara a pensar neles. A nosa xeración naceu xa no impulso das TIC e creo que non nos paramos a pensalo. Sin embargo si que vemos aos nosos avós e avoas que nin se plantexan aprender a andar nun ordenador porque non entenden como funcionan e vense incapaces de comprendelos.

    Por outro lado, eu tamén atopei máis tipos de brechas (dentro da dixital) nas que non me parara a pensar, e creo que nin a brecha dixital na súa definición xeral nin as súas variedades se verán reducidas se non se toman grandes medidas para favorecer a igualdade de oportunidades en todo o mundo, e espero que nós nun futuro poidamos ter un papel niso como pedagogas.

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Hoxe pola mañá lín a túa entrada, na cal tamén deixei o meu comentario. Para evitar elaborar unha entrada de carácter tan xeral, neste caso realiceina deste xeito. Ademais, a diferenza que establece Prensky paréceme moi interesante. Aínda que haxa grandes diferenzas entre as novas xeracións, que somos nós, e os nosos avós... ben é certo que eu non me considero unha tal nativa dixital. Creo que o principal non reside no uso como tal das novas tecnoloxías, se non como se fai isto, e está claro que neste senso nos queda moito que aprender. Debemos formarnos e actualizarnos no uso adoitado da tecnoloxías, ao igual que teñen que facer os inmigrantes dixitais interesados no uso das novas tecnoloxías.

    Por outra parte estou dacordo contigo en que debemos tomar medidas para evitar un problema tan grande que acarrea as novas tecnoloxías como é brecha dixital.

  • Judith Viqueira Díaz

    Moi interesante a entrada Noelia xa que si que coñecía o termo de nativos dixitais pero o de inmigrantes dixitais era totalmente descoñecido e que me deixou abraiada. E estou de acordo contigo cando falas de que nacer na era digital e ser unha nativa dixital non quere dicir que dispoñamos de vantaxes, xa que eu mesma son unha torpe coas novas tecnoloxias e non recibían ningún tipo de formación neste senso e que é moi necesaria esta formación por parte do profesorado para así poder utilizar estas dunha maneira correcta e eficaz.