En xullo e rematando...

Ao comezar esta segunda etapa tamén me decantei por facer unha reflexión antes de comezar a subir entradas e profundizar nos temas máis relevantes para min. Que foi o que me fixo estar aquí de novo? Cales foron os meus erros? Que espero aprender? Agora, despois de habelo feito estou de novo aquí, dando a miña opinión e reflexionando.

Semana a semana, dende principios de xuño, decidín facer referencia a cinco temas que xiraron en torno á materia de Tecnoloxía Educativa. A advertencia foi clara dende un principio: o que importa é a calidade non a cantidade. De aí a que moitas veces dubidase do que escribir, por mor de se ía ser un tema moi concreto, un tema moi xeral, que abarcase poucos aspectos da materia ou variedade deles, en fin... infinidade de dúbidas ante o temor de facelo mal. Ao final, dentro daqueles temas e cuestións que a min me resultaron importantes na nosa formación, escollín o Coñecemento Aberto, a Alfabetización Mediática, a Narrativa Transmedia, o Conectivismo e a Brecha Dixital. Durante estas semanas percátome que foron numerosas as ocasións nas que escribín no meu blog e nos de outros compañeiros expresando un pensamento tal como: A verdade é que parecía que coñecía o termo e unha vez que indagas sobre o mesmo daste conta de que o que sabías non era nin a metade, e cantas cousas nos faltarán por saber do mesmo!. Cantas expresións deste tipo!

E diredes vós, e que me quere dicir con isto? Pois que estamos acostumados a recibir información de determinados temas e conformarnos con iso, somos conformistas, e a primeira eu. Conformámonos pero queixámonos, ben porque nos ensinan dun xeito tradicional, ben porque o fan de xeito novedoso apuntando a novas metodoloxías.

E agora, aquí estamos co Stellae a voltas, unha desas metodoloxías novedosas. Como xa o teño expresado, nun primeiro momento estaba desconcertada ante tal uso, neste intre xa non é así. Penso que o e - portafolios resulta de vital importancia de cara a nosa formación, nós mesmos somos os que indagamos e facemos as nosas propias creacións para así obter coñecemento mediante o traballo autónomo, permitíndonos así ser autodidactas e formar parte activa nos procesos de ensino - aprendizaxe. En liñas anteriores indiqueivos que ao principio me sentía desconcertada e agora non; agora non co uso do Stellae, pero ben é certo que facendo as nosas propias entradas e indagando sobre os temas importantes para min, en moitas ocasións sinto medo, inseguridade, nerviosismo... ante tales aportacións persoais que facemos a través desta rede social. É evidente que non resulta sinxelo, polo simple feito de que se así fora agora mesmo non estaría aquí. Pero aínda que custe horas de traballo e nervios ante un tal 13 de xullo, penso que o traballo realizado merece a pena, sobre todo tendo en conta que estamos na era dixital, e o traballo que se nos aveciña non se ve apartado disto. Considero neste caso o Stellae, e a avaliación a través do e - portafolios relevante para que, cando menos, nos vaiamos familiarizando coa Tecnoloxía Educativa, adquirindo así competencias neste ámbito e tamén de cara a un futuro profesional no cal isto permanecerá presente.

Comentarios

  • Cristina Fiuza Rodriguez

    Hola Noelia! Lo cierto es que me siento muy identificada con esta entrada. Desde el inicio de la materia, cuando se expuso la metodología que se iba a seguir yo me mostré absolutamente contraria y negativa, me desagrabada que me sacaran de mi campo de trabajo "habitual", y que me llevasen a un terreno desconocido y en base a un tema que en un principio me dije a  mí mima que no me iba a gustar nunca. 

    Es curioso, que al igual que tú, haya sido a través de esta segunda etapa cuando me di cuenta de que en realidad no tiene por qué resultar tan complicado y que, de hecho, si desde un principio lo hubiese visto de otra manera mis aportaciones en el Stellae habrían cesado el pasado mes de mayo... jaja

    Un saludo!

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Claro que si, se nos houbesemos esforzado seguramente agora non estariamos aquí. Por unha parte como xa dixen, síntome arrepentida por non haberme esforzado pero, pola contra, penso que non houbo mellor xeito de darlle máis valor a esta metodoloxía que esta segunda oportunidade. Moita sorte Cristina!