Reflexionar, meditar, cavilar, recapacitar...

Todos os verbos que aparecen no título desta entrada expresan ás accións que está a acontecer agora mesmo na miña cabeza, cando nos atopamos a poucos días de subir o noso querido e-portafolios.

Dispóñome pois, a realizar unha pequena reflexión do que esta materia significou para o meu aprendizaxe e tamén para as miñas propias experiencias. 

Non podo empezar estar reflexión sen facer referencia aos motivos que me levaron a deixar un pouco de lado o Stellae durante o curso, o primeiro deles creo que foi que nunca traballara desta maneira con anterioridade é a verdade me resultaba moi complexo ao principio e o outro considero que foi a primeira avaliación recibida xa que me desanimou un pouco.

Cada vez que comento que en Tecnoloxía Educativa temos unha rede social e temos que publicar nun blog, o comentario suscita risas e burlas xa que consideran que é unha chorrada e que todos e todas deberíamos aprobar con matrícula de honra porque non pode ser tan difícil isto do Stellae.

Non son conscientes de todo o traballo que leva publicar unha entrada neste blog, de toda información que tes que buscar, contrastar, referenciar...

Creo que nunca o longo da carreira, a avaliación dunha materia se basara nas nosas propias contruccións persoais. Isto ao principio era algo que non me gustaba moito e ata me facía sentir incómoda, supoño que por medo a non saber facelo ou a equivocarme. Agora que o podo ver con perspectiva, creo firmemente que estas produccións nos aportan información moi relevante do proceso que seguimos, permitíndonos ver os nosos logros e esforzos e tamén todas aquelas cousas que podemos mellorar.

Teño que comentar tamén, que sempre fun unha persoa que non mantivo moi boas relacións coa tecnoloxía e que con cada clase que pasaba parecía atoparme máis perdida debido a cantidade de termos que non coñecía, a todos os programas que non sabía manexar... Por poñer algún exemplos: os marcardores ou os buscadores booleanos, a curación de contidos, a narrativa transmedia e infinidade de cousas máis.

Neste momento que podo observar  todo o meu proceso dunha maneira diferente, decátome do errónea que era a miña actitude con relación á tecnoloxía. Agora sorpréndome explicándolle termos aos meus amigos e familiares que antes descoñecía en absoluto, e tamén utilizando Symbaloo, Pinterest, Prezi e outras moitas ferramentas que antes para min nin sequera existían.

A base de practicar, aprender e informarte ves que pouco a pouco te vas familiarizando con estas ferramentas e empezas a integralas no teu día a día.

Quen me ía dicir a min que acabaría tendo un escritorio virtual no meu teléfono móvil?  Ou que ía a ser capaz de publicar unha entrada na Wikipedia?

Todo iso para min hai cousa de uns seis meses eran completamente impensable.

Considero que a miña visión da tecnoloxía mellorou xa que o meu coñecemento sobre as mesmas aumentou. Antes non vía máis alá das malas prácticas que traían consigo as novas tecnoloxías e grazas a esta materia descrubín moitas das cousas que podemos facer grazas a elas, e non só a nivel persoal persoal que nos poden facilitar moito o noso día a día senón tamén no noso futuro como pedagogos e pedagogas.