Un impulso das miñas ideas con Pepper

Nesta entrada, quero recordar unha das primeiras sesións de clase de Tecnoloxía Educativa, na que se nos preguntou que pensabamos sobre as novas tecnoloxías educativas. Por exemplo, se a través delas viamos emocións ou se as interaccións eran reais.

Pois ben, debo dicir que nese comezo a miña opinión sobre iso era moi negativa, e non podía concibir que as propias tecnoloxías ou a través delas puidésemos recoñecer sentimentos.

Porén a día de hoxe esa percepción en min mudou completamente.

Co paso das diferentes clases nas que se deron conta unha morea de ideas e conceptos, fun procurando diferentes aspectos que me foron cambiando a miña visión.

 Principalmente debo dar conta aquí, como xa nomeei nunha das anteriores entradas ao blog, da clase na que se abordou a situación de Siria e de cómo están a influír alí as novas tecnoloxías para sacar a diante a miles de nenos e nenas. Debo admitir que logo das anteriores clases, ese foi o meu punto de inflexión no que as miñas ideas se transformaron noutras concepcións moito máis amplas e positivas.

Así pois, procurando información sobre a profundidade á que poden chegar as novas tecnoloxías educativas para elaborar novas entradas ao blog, fun quen de atopar na rede un elemento sobre esta temática (e relacionada coas emocións) que me sorprendeu, e non pouco.

Trátase do primeiro robot que identifica emocións. Non parece mentira que poida existir? A min parecíame imposible, pero así é, xa existe. En Xapón, "Pepper", como así se chama dito robot, foi deseñado e desenvolto por SoftBank Mobile Corp e a compañía francesa de robótica Aldebaran Robotics. A día de hoxe xa se puxeron á venta exemplares do mesmo, e o sorprendente é que se pode interactuar con el dun xeito ata agora imposible. Afirmo isto porque, segundo se publicou en diversos artigos de revistas, Pepper está deseñado de tal xeito que pode detectar as emocións que estás sentindo (a través dun sistema de recoñecemento do ton de voz, así como dos xestos corporais e expresións que detecta e que vai almacenando mediante un sistema de Conciencia Colectiva Robótica) e así poder reaccionar en consecuencia de diferentes xeitos.

Asemade, tamén me sorprendeu que está deseñado para que a partir da interacción co se ser humano vaia aprendendo máis e máis, gardando toda a información que recolle e poñéndoa en práctica en diferentes situacións. Así por exemplo, poderá aprender cales son os membros dunha familia e interactuar con eles coma un membro máis.

Todo isto deixoume fascinada, pois realmente nunca pensei que algo así puidese chegar a ser, e o feito de que exista paréceme un moi bo elemento a introducir educativamente.

Debo dicir que non atopei especificados os fins concretos deste robot, e aínda que un deles está de cara ao público nas oficinas de SoftBank para axudarlle aos clientes, os seus creadores deixan ver que é unha moi boa ferramenta que mesmo poderá coidar nenos/as ou anciáns.

Canto pode axudar Pepper no contexto educativo? Un elemento tan rico coma “un robot que identifica emocións” pode ser moi útil para traballar diversas problemáticas dadas no proceso de desenvolvemento educativo dos cativos e mesmo ao longo da vida. Ao contar con aplicacións internas, é posible que transmita moitos coñecementos que poidan enriquecer o proceso de aprendizaxe. Asemade, conta con acceso a Internet e ten unha pequena pantalla na que poder visualizar diferente información, o que permite a busca na rede sobre diversas temáticas e mesmo é posible engadir novas aplicacións para ampliar as xa múltiples funcións de Pepper.

En definitiva, podo dicir que a tecnoloxía chegou a puntos moi avanzados e pola miña parte pensei que nunca se chegarían a alcanzar. Ademais gústame pensar que o día de mañá, na miña función como pedagoga terei a oportunidade de traballar con elementos tan enriquecedores coma este e poder sacarlle o máximo partido para o proceso de ensino – aprendizaxe.

A continuación, un pequeno vídeo sobre Pepper, aínda que aclaro que non puiden atopar ningún que explicase en castelán as súas características, polo que optei por engadir un no que mantén unha pequena “entrevista” (na que mesmo inclúe bromas) cun periodista.

Bibliografía:

http://www.rpp.com.pe/robot-japones-pepper-emociones-humanas-noticia_697682.html

http://www.eldefinido.cl/actualidad/mundo/4437/Pepper-primer-robot-que-lee-emociones-estara-a-la-venta-el-2015/

Comentarios

  • Belén Varela

    Chmoume moito a atención a túa entrada cando lin o título pereo quedei impresionada ao saber de este novo invento. Teño claro que as tecnoloxías van avanzando día a día pero ata que vin esto non pensaba que un robot poidera identificar emocións. Sempre pensei que eso era o que diferenciaba aos humanos dos robots o feito das emocións e aínda que o robot non as teña é impresionante que poida identificalas. Gustoume moito esta entrada!:)

  • Antía Prado

    Reconozco que abrí tu entrada sólo por la curiosidad que me suscitó el título, ¡pero me he llevado una grata sorpresa! Muy buena entrada Xeila, muy interesante sobre todo.

    Yo al principio también era bastante reacia a equiparar emociones y tecnologías, el debate aquel entre “virtual VS. real”. Y sí, al igual que tú, he ido descubriendo que no tienen por qué se realidades enfrentadas sino complementarias. Cuando era pequeña, recuerdo que en los dibujos animados hablaban del futuro y salían coches volando y robots plenamente integrados como una persona más, y siempre me quedaba embobada. Pero veo que igual no iban tan desencaminados jajaja.

    Me asombra lo que el intelecto humano es capaz de crear, la imaginación en este campo está visto que no tiene límites. Aunque… también debo decir que me asusta un poco esto… La verdad es que yo, personalmente, no me quedaría tranquila dejando a mi hijo al cuidado de Pepper, al fin y al cabo no es más que un puñado de cables y botones. Por el contrario, me ha convencido mucho más tu propuesta de utilizarlo en el proceso de enseñanza-aprendizaje. Quién sabe, quizás en unos años habrá un Pepper en cada clase como apoyo al maestro, en lugar de un ordenador y un proyector.

  • Noelia Fernandez Alvarez

    A verdade é que resulta sorprendente atoparse con inventos como este. Penso que estes casos son os que nos permiten e facilitan ver as novas tecnoloxías como algo máis positivo do que as viamos.
    Ademais, como ben dis ti o que me parece realmente importante é o uso que se pode facer del ante diversas problemáticas en nenos.