A tecnoloxía educativa como medio para superar barreiras formativas

Actualmente, o sistema educativo esixe unha serie de premisas indispensables aos seus usuarios para consideralos “aptos”. Isto repercute moi positivamente en aqueles que, ainda tendo menos capacidade de traballo, se adecúan a ese “molde” de estudante ideal, pero tamén moi negativamente sobre outros, producindo que moitos usuarios con altísimas capacidades se queden fóra do sistema pola rixidez que este leva implícito.

É aquí onde introducimos o pensamento diverxente. Segundo Ken Robinson, no seu vídeo “Cambiando paradigmas”, o pensamento diverxente é a capcaidade de creatividade, que implica ser quen de buscar diferentes solucións a un mesmo problema. Por desgracia, esta capacidade non está valorada actualmente no noso sistema educativo.

O mesmo ocorre coas novas tecnoloxías. Tal como se dixo en repetidas ocasión na aula, o emprego das TIC dá ao alumnado capacidade de creación e investigación libres, o que provoca no profesorado un sentimento de descontrol sobre os seus alumnos. Pero, realmente, ¿é acaso que non vamos precisar autonomía creativa e produtiva na nosa vida profesional? ¿Estamos destinados a que, xeración tras xeración, os procesos de aprendizaxe segan a ser os mesmos? As TIC, como recurso de apoio do proceso formativo, axúdannos a obter independencia do sistema. Podemos aprender sobre un tema que nos interese dende diversas perspectivas grazas a internet, salvando posibles barreiras de comunicación debidas ao contexto sociocultural ou á ideoloxía política/cultural/relixiosa, o que é tremendamente enriquecedor para o alumno, pero “perigoso” para o mestre, quen tería que responder a preguntas comprometedoras en certos momentos.

Pode que, en síntese, todo se resuma en que interesa que o alumnado sepa o xusto, dende o punto de vista que sexa máis afín á ideoloxía dos grupos gobernantes do momento. Si efectivamente se trata disto, síntome timada polo sistema educativo e polo emprego das novas tecnoloxías. Algo que se promove tanto na vida pública remata por estar hipercontrolado de modo encuberto… Como a un can encadeado, dásenos un metro de marxe para que andemos, pero nunca chegamos a soltarnos da cadea.

Por se vos interesa esta relación conceptual, adxunto o enlace dun artigo que trata dita temática, sen  dúbida moi recomendable: http://mobileworldcapital.com/es/460/

 

Referencias bibliográficas:

Ken Robinson [Rojas, A.]. (2013, setembro, 25) Cambiando paradigmas [Arquivo de vídeo] Recuperado de: 

 

Comentarios

  • Ivan Calviño Gomez

    Ese modelo clásico que mencionas que se segue a empregar, na miña opinión, é un modelo un pouco desfasado. Foi feito para aqueles tempos nos que se requería de traballadores que levaran á cabo tareas mecánicas e repetitivas. Simplemente tiñan que aprender procesos para ser traballadores eficientes, e iso era suficiente para os traballadores e para os empresarios que os contrataban.

    Sen embargo agora o panorama laboral cambiou e requírese doutro tipo de formación e doutro tipo de competencias.Esa capacidade de creación á que tamén fas referencia. O curioso é que agora mesmo moitas empresas invirten grandes cantidades de diñeiro buscando fomentar esas capacidades entre os traballadores, en lugar de comezar ese fomento directamente na etapa educativa.

  • Borja

    Sí señor, estou totalmente de acordo con Sara e máis con Iván. O sistema educativo de hoxe en día continúa sendo semellante ao de anos pasados. Antes, as competencias a adquirir polos estudiantes eran moito menores e non existía un dinamismo como o que precisamos agora. A día de hoxe, en sociedad de coñecemento, foi aumentando o número de coñecementos e entón precisaríase un sistema máis dinámico que nos permita unha xestión de tempo, de procesos e de traballo maior á de anos anteriores. Nun futuro, actuando en sociedade de coñecemento seguirá incrementándose os coñecementos, por tanto necesítase que toda persoa teña unha capacidade de reflexión e creación desde anos tempraneiros, e non esperando a chegar a un posto de traballo e atoparte co caso de nerviosismo e descoñecer en gran medida o que se propón diante.