Copyrigth e SGAE

No vídeo publicado sobre Copyright, dereitos de autor e Lei Sinde, fálase sobre organización encargadas da xestión e regulamento de todos estos elementos. Unha das máis coñecidas no meu ámbito próximo é a SGAE, cuxa misión principal é a defensa e xestión dos dereitos de propiedade intelectual dos seus socios, principalmente autores e editores musicais. Así mesmo, encárgase de realizar o cobro, e posterior reparto entre os socios, pola utilización que terceiros (bares, tendas de roupa e locais comercias en xeral) fan dos produtos e obras de estos.

A miña primeira toma de contacto con esta sociedade foi hai un mes escaso, cando  me atopaba no negocio de un amigo e lle chegou unha carta da SGAE. Nela reclamábanlle unha cantidade determinada de cartos pola utilización de obras musicais como recurso de amenización do seu local. Ainda que xa oira falar deste tipo de “impostos”, non sabía quen os xestionaba e de ahí o meu interese en publicar esta entrada. A continuación, adxunto unha táboa coas tarifas que os locais de hostelería teñen que aboar MENSUALMENTE polo feito de poñer a radio nun local público.image

Dende ese día comecei a valorar algo que ata ese día pasara totalmente inadvertido para min: do mesmo modo que un bar non ten ningún tipo de obriga de poñer unha tapa ou pincho cando realizamos unha consumición, pero sí o agradecemos cando así o fan, algo tan absurdo como que haxa un fío musical, comezou a gañar forza para min de cara a elexir onde tomar un café. Persoalmente, nunca me plantexara cantas cousas fan, polas que pagan, para tratar, por unha banda, de manterse a flote no momento económico actual e, por outro, para facernos sentir máis agusto.

Outro motivo para estar a favor, na miña opinión, do Copyleft.

                   3808659308_3988894681_o.jpg

Comentarios

  • Ivan Calviño Gomez

    Eu nunca comprendín moi ben eso que fai a SGAE, non entendendo que criterios usan para repartirse logo o que recaudan. Tamén creo que a súa actividade non está moi ben regulada, actuan de maneira bastante extraña.

    Igual que o canon dixital, que tamén foi moi criticado. Que poñan unha especie de imposto en materiais tecnolóxicos que poden ser usados para descargas ilegais paréceme abusivo. Non entendo porque cando compro un teléfono ou un pendrive teño que pagar un pouco máis que vai ir destinado a unha serie de autores, dos cales seguramente non coñeza nin as súas obras.

     

  • Sara Barrantes Amoedo

    Imaxino que os criterios para o cobro serán similares aos de un seguro de accidentes ou dos seguros para carnets de conducir: canto máis alta sexa a prima que pagues á SGAE, máis porcentaxe dos beneficios che corresponderá. Ainda que só é unha suposición, é o único modo "lóxico" que se me ocorre para ese reparto..