Competencia dixital


Analizando as partes que compoñen a competencias dixital chegamos na clase ás seguintes conclusións:


Respecto das habilidades e coñecementos instrumentais dixitais, aquelas operativas resultannos máis familiares polo emprego cotía que lles damos, trátase do coñecemento base fundamental. As relacionadas cos medios tamén as desenvolvemos habitualmente pero descoñecemos o funcionamento interno das mesmas así como todo aquilo relacionado co alcance que pode ter a información que colgamos ou manexamos na rede.

En canto a aquelas habilidades e coñecementos máis avanzados si que temos experiencias previas en canto a comunicación e colaboración e da xestión da información, xa que ao longo das nosas etapas educativas si que tratamos estos aspectos de xeito grupal en colaboración cos compañeiros e manexamos información de diferentes formas aínda que non de xeito dixital especialmente.

En  xeral vémonos con maior potencialidades ou aptitudes naqueles campos que máis empregamos, especialmente aqueles que xa forman parte da nosa cotidaniedade (redes sociais, Youtube, Twitter, Instagram, etc). Por exemplo, moitas persoas do rural gañaron aptitudes no manexo de Internet ao facer as mercas vía online, cousa que lles facilita moito o consumo sen necesidade de desplazarse co coche especialmente nunha terra como Galicia onde existe un maior número de núcleos de poboación dispersos e mal comunicados ou lonxanos en relación con outros territorios. Nós por mor de buscar en Internet unha vía de comunicación social constante é coas redes coas que mellor nos manexamos pero tamén con páxinas, programas ou aplicacións que nos facilitan o traballo ao longo do noso proceso formativo.

Sen embargo, en relación coa resolución de problemas e da participación significativa dixital, non temos tanta experiencia por mor da falla de experiencia e hábito no contexto educativo sendo, probablemente, Tecnoloxía Educativa a primeira asignatura que nos abriu os ollos neste ámbito.

Por outra banda si que afrontamos actitudes críticas, de autonomía, con certa responsabilidade, actitudes interculturais (voluntaria ou involuntariamente) e, en menor medida, a creativa. É imprenscindible desenvolver en primeiro lugar as actitudes para que os demais aspectos do esquema funcionen correctamente.

Comentarios

  • Olegario Aguiar Ballesteros

    Está claro que cando as competencias dixitais adquírense de modo informal sobretodo cando hai unha necesidade latente ou hai un foco de interés. Como cando a mariscadora aprende a manexar un teléfono móbil para avisar dos furtivos.
    Por outra banda, vese moi necesaria a necesidade dunha alfabetización dixital no rural para suplir o déficit de comunicación que existe. E como ben plantexas na túa entrada, tamén reducir os desprazamentos e dependencia dos núcleos de poboación.