RSS (Really Simple Syndication) e Educación

RSS e Educación (Really Simple Syndication)

O RSS é un formato que se utiliza para a sindicación de contidos na páxinas web, é dicir, permite publicar artigos de forma simultánea en diferentes medios. Por exemplo, un artigo de interese pode ser publicado en todas as nosas redes socias e nos blogs dende a súa fonte cun simple click, permitindo unha exposición e unhas posibilidades de acceso moito maiores.

            A Educación conta cunhas ferramentas ensencias na rede, sobre todo, a través dos blogs. Estes permiten gardar e clasificar a información, fomentar a interacción mediante a creación de debates nos que se participa a través dos comentarios, conectar a alumnado e profesorado fóra das aulas ao mesmo tempo que se descobre outra forma de traballo, desenvolvemento dunha alfabetización dixital, exposición de proxectos, etc.

            Outras ferramentas que podemos empregar son os escritorios virtuais. Estes son, por así dicilo, a evolución dos escritorios habituais, coa diferencia de que se gardan en servidores remotos en lugar de gardarse no disco duro do pc, permitindo aos usuarios acceder dende calquer lugar con conexión á rede.

            A Educación debe evolucionar e acadar ao ritmo ao que vai a sociedade. Débense empregar todos os medios que existen para innovar e chegar de forma máis directa e motivadora aos alumnos e alumnas. A tecnoloxía permite traballar dunha forma aberta  e sen as restricións habituais presentes nunha aula física. A combinación das dúas modalidades educativas, a física e a dixital, é unha aposta de futuro segura que na que se debe profundizar para xogar coa tecnoloxía a favor do aprendizaxe e do saber favorecendo o pensamento transversal dos alumnos, o pensamento crítico, o traballo colavorativo, a investigación, a construción do coñecemento, a creatividade, etc.

Webgrafía:

http://www.euroresidentes.com/diversion/internet/rss.htm