E-Learning

E-Learning

O E-learning consiste na educación e capacitación a través de Internet. Este tipo de ensinanza online permite a interación do usuario co material mediante o emprego de diversas ferramentas informáticas.

Este  concepto educativo é posible  gracias a Internet, é unha revolucionaria modalidade de capacitación que hoxe en día ten todos os papeis para ser a forma predilecta do proceso de ensinanza-aprendizaxe do futuro. Este sistema transformou a educación, abrindo portas ao aprendizaxe individual e organizacional ao rachar coas devanditos impedimentos relacionados co tempo ou lugar. Por todo isto cada vez ocupa un lugar máis destacado dentro das organizacións educativas e empresariais. 

O e-learning comprende fundamentalmente  os aspectos pedagóxico (referido á Tecnoloxía Educativa) e tecnolóxico (referido ás TIC). Dentro dos compoñentes tecnolóxicos o exemplo máis significativo son as plataformas de e-learning ou LMS (Learning Management Systems). Por outra banda os aspectos pedagóxicos son o fundamento do e-learning que traballa cos contidos, a función relacionada coa consecución dos obxectivos de ensinanza e aprendizaxe. 

Por todo isto podemos dicir que os beneficios do e-learning son: A fluídez das comunicacións, o tempo non é un impedimento no momento no que o alumno pode recorrer á páxina en calquer momento e en calquer lugar mentres dispoña de acceso a internet favorecendo a flexibilidade de axenda e, sobretodo, pola redución de custos que supón todo isto.

De todos xeitos o traballo colaborativo, o trato humano directo, os contextos, .. non son o mesmo a través da rede que de xeito presencial. E en lugares onde existe a brecha dixital o e-learning non sería posible.

 

Webgrafía:

http://www.e-abclearning.com/definicione-learning