Clase 22 de setembro

Lorena (Bloqueado)
Por Lorena

Nesta segunda clase fixemos un bo contacto coa realidade educativa, dado que nos levou a ver as posibles vantaxes pero tamén os perigos que se pode expoñer unha persoa ao entrar na rede, e isto levado a unha aula de primaria que é a que teremos nos como mestres/as nun futuro hai que telo en conta para evitalos. Como poder anticiparse e decatarse dos problemas que ten o uso dalgúns softwares e plataformas na rede cando se trata do uso por parte dos alumnos/as. Tamén decatarse de que a maioría das plataformas e aplicacións que nun primeiro momento pensamos que non nos costa nada pero en realidade no fondo estas están usando os teus datos para intentar gañar máis diñeiro.