22 de setembro

Despois do tratado nas sesións de hoxe e ler os artigos propostos, veume á cabeza toda esa xente que, nas redes sociais, é capaz de formular xuizos soamente lendo o título dunha noticia. Isto lévame a pensar: cantos deles acceden á noticia? cantos len máis dos primeiros parágrafos? e cantos comprenden que, na maioría das ocasións, o título non vai acorde á noticia senon que se utiliza como un reclamo? Se me poño a pensar, por exemplo, nunha páxina de noticias, comprendo que moita xente pare a lectura porque o anuncio que está ó lado resulta máis interesante que o propio texto e, tal e como dixemos hoxe, se un adulto perde tan facilmente o fío do que está facendo, como podemos pretender que os nenos e nenas non presten atención a estes reclamos? 

En verdade, estas últimas tres horas fixeronme pensar moito sobre a cara B de internet, do control invisible que exercen sobre nós ofertándonos o último en tecnoloxía e que, nós mesmos, poñemos nas mans dos máis novos. Todos deberíamos ser conscientes e concienciar, ser o máis intelixentes posibles á hora de manexar un móvil, un ordenador ou calquer aparello tecnolóxico pois, nas nosas mans temos un mundo, pero internet tamén nos ten nas súas mans. 

Comentarios

  • Cristina Losada Loureiro (Bloqueado)
    Cristina Losada Loureiro

    Gustoume moito o teu artigo xa que cuestionas a publicidade como forma de exercer presión sobre os intereses dos rapaces/as e tamén dos adultos. Por experiencia propia sei que a exposición constante aos anuncios “recomendados” das redes sociais e páxinas web inflúe na forma de pensar e incita a consumir o que un está vendo. Entón, se unha persoa adulta que en teoría posúe unha maior capacidade de reflexión e autocrítica é influída pola publicidade, que acontecerá con un neno/a que está formando a súa personalidade?

    Outra das ideas que pos en dúbida e na que me gustaría profundizar é  sobre o cambio que se está producindo na comprensión da lectura. O alumnado tende a realizar unha lectura máis superficial e fragmentada da información xa que a sociedade na que vivimos require unha resposta momentánea e rápida (Carbajosa, 2015). Todo cambia, a rede está en constante renovación  e a información pode chegar  en tan grandes cantidades que seleccionar a que interesa require un esforzo máis ca considerable. Como exemplo podo falar sobre a miña experiencia durante o Practicum II nun centro de educación primaria que contaba con E-Dixgal e cada neno/a tiña o seu propio ordenador con acceso a internet máis só en quinto curso. Recordo que na materia de lingua castelá tiveron que facer unha biografía sobre persoas que recibiron o Premio Nobel da Paz ou traballaron nese campo(Nelson Mandela,  Malala Yousafzai…)  seleccionando a información de VARIAS fontes propostas(unha delas Wikipedia). Despois de 20 minutos nos que botei unha ollada ao traballo que estaban realizando, saquei como conclusión que non eran capaces de seleccionar a información relevante dunha páxina web porque realizaban unha lectura superficial do tema e copiaban ao pé da letra o que dicía o texto, sen ter en conta o citado dos autores/as, sen analizar a información, sen pensar. Entón, ata qué punto utilizar as ferramentas web é útil se só se lle ensina ao alumnado a copiar e pegar? Realmente, o cambio está nas nosas mans.