• Blogs
  • Lucia Pardo
  • Squeak e Hopscotch: aplicacións semellantes en décadas diferentes

Squeak e Hopscotch: aplicacións semellantes en décadas diferentes

Lucia Pardo (Bloqueado)
Por Lucia Pardo Comentarios (3)

Antes de comezar co comentario relacionado coa clase do martes, debo apuntar que ao longo deste recompilarei algunhas temáticas das que falaron dous compañeiros –Antonio García e Noelia García Méndez- aínda que non respondo directamente nas súas publicacións, xa que tamén recollerei outro tipo de información neste comentario.

A temática deste pequeno texto xira en torno á segunda parte da clase, onde deixamos de falar da privacidade e do tratamento da información persoal que fan as distintas páxinas web, e tratamos a utilidade dunha aplicación chamada Squeak. Esta traballaba a programación a través do ordenador, onde o alumnado aprendía por medio dun ensino experimental, tendo o control el mesmo do dispositivo. Squeak deu pé a reflexionar sobre dúas cuestións: ¿é posíbel o uso destas aplicacións nos centros? Por parte do profesorado, ¿tamén sería viable?

Unha vez consideradas estas dúas preguntas, é probábel que veñan ás nosas mentes as primeiras limitacións que podería ter o uso deste tipo de programas na aula. A primeira delas é a limitación temporal –ou máis concretamente e como falaba Noelia García- a presión que exerce nas aulas o currículo, facendo que as mestras e mestres se vexan obrigados a “introducir nas cabezas do alumnado” tódolos contidos curriculares para final de curso. Falo de “introducir” xa que poucos son os docentes que levan á práctica experiencias de aprendizaxe significativas. En moitas ocasións é máis doado ofrecer coñecementos teóricos nunca clase expositiva, mentres os alumnos reciben contidos curriculares como meros consumidores de información. É por iso que coincido en que o currículo do noso país limita este tipo de experiencias. ¿Por que non centrarnos en contidos máis básicos ou nucleares, que sexan útiles para o día a día do alumnado? ¿Non sería máis importante optar por experiencias significativas que lle permitiran aos discentes reter coñecementos trascendentes ao longo do tempo? Se o currículo de Educación Primaria estivera elaborado por pedagogos, eles probablemente verían claras estas cuestións.

Atopámonos agora con outra limitación de carácter persoal, coincidindo co comentario de Antonio García, que afirma que este tipo de proxectos “non se deseñan por arte de maxia”. Requiren dunha formación permanente do profesorado, non só no marco das TIC senón tamén á hora de ter un coñecemento profundo dos contidos que se están a impartir. Dende o meu punto de vista, creo que a interese pola renovación permanente debería ser unha cualidade intrínseca de tódolos docentes: unha especie de “ambición persoal”. ¿Que vantaxes ofrecen programas como Squeak? Concordo de novo con Antonio e creo que este tipo de aplicacións ofrecen un marco de aprendizaxe significativo para o alumnado, que chega a conceptos abstractos a través da propia experiencia.

Retomando unha das preguntas que fixen ao principio sobre se este tipo de experiencia nos centros é posíbel, gustaríame apuntar que pese a tódalas limitacións que apuntaba con anterioridade, o uso destas aplicacións educativas si se está levando a cabo nos colexios. No meu caso, puiden experimentar durante o Practicum I o funcionamento dunha aplicación moi semellante ao Squeak chamada Hopscotch, baseada na programación ou codificación, a través da cal o alumnado crea coñecementos e non só se limita a consumilos. A programación permite que o alumnado poida iniciarse na resolución de problemas, imaxinando a secuencia de dita resolución e materializando esa idea nun código que funcione. Puiden ver que este tipo de iniciativas precisan do traballo conxunto entre titores e profesores especialistas, para que non só se fagan proxectos en cada área propia da titoría, senón tamén en materias como nas linguas estranxeiras. Sería de especial interese que este tipo de proxectos tivera continuidade en tódolos niveis educativos, porque o alumnado pode sufrir un “choque metodolóxico” no caso de que nun curso determinado empregue diariamente un dispositivo móbil pero, no curso seguinte, non teña acceso a ningún tipo de tecnoloxía.

Volvendo ao uso de Hopscotch, con este programa abranguíanse todo tipo de materias e dentro de cada unha delas tratábanse diversos contidos curriculares. Elaborábanse cadernos de traballo en cada materia dentro dos cales había proxectos que o alumnado realizaba en dita aplicación.

A continuación déixovos unha serie de enlaces para que vexades o funcionamento desta aplicación xa que explicar a súa dinámica a través de palabras pode semellar algo abstracto. Adxunto un vídeo de uso xeral deste programa e outro de como elaborar un xogo coa aplicación (ambos en inglés). Ademais, inclúo un corto de Nadal que fixo o alumnado da aula na que vivín esta experiencia. Este vídeo conta cunha secuencia de postais que elaboraron os discentes coa aplicación, de xeito que podemos ver así como a través dela non só se traballan contidos matemáticos, senón tamén artísticos.

Se queredes máis información sobre a aplicación, podedes preguntar calquera dúbida a nivel persoal.

Bibliografía

Codesal, B. (2014): FELIZ ANINOVO. CEIP PONTE DOS BROZOS. 4º PRIMARIA. [Vídeo] Recuperado o 30/09, 2015 de 

Gavin, A. (2013): Hopscotch: Hour Of Code Screencast! [Vídeo]. Recuperado o 30/09, 2015 de 

Hopscotch (2014): Hopscotch Hour of Code 2014: Dodgeball Food Fight! [Vídeo]. Recuperado o 30/09, 2015 de 

 

Lucía Pardo Moure

Comentarios

  • Antonio G. Vinuesa (Bloqueado)
    Antonio G. Vinuesa

    Hola Lucía. ¿Quería preguntarte si en el centro donde "conociste" este programa trabajaban con dispositivos Apple, porque estaba viendo la website del programa y para descargarlo tiene el enlace al Appstore de Apple.

    Antes de leer esto he escrito una entrada hablando sobre una nueva distribución de Linux para niños, y al ver esta entrada y la website me he dado cuenta que nunca hemos comentado nada sobre la compatibilidad de los diferentes programas sobre los que hemos hablado y los sistemas operativos que utilicemos. Yo soy partidario de introducir el software libre (a pesar de tener un mac) en toda la administración pública, y por supuesto en los centros escolares, ya que son recursos gratuitos, aunque los desarrolladores deberían cobrar por su trabajo ; ). Como ha mencionado alguna vez Fernando funcionan fenomenal en equipos viejos. Y menciono la compatibilidad porque ahora estoy haciendo una actividad extraescolar sobre robótica, y estoy utilizando robots de LEGO (NXT), la cuestión es que he pasado horas y horas dando vueltas por internet y haciendo pruebas y aun no he conseguido instalar adecuadamente el programa con el que funcione el robot en mi ordenador (mac). Cosa que es curiosa porque el robot es un producto bastante caro (400 euros) y me parece increible que no sea compatible con cualquier sistema operativo.

    Por otro lado también debemos de tener cuidado. Por lo que estoy viendo existen muchos recursos educativos para trabajar con las nuevas tecnologías y podemos caer en la trampa de querer conocerlos todos y aprenderlos, acabando sin conocer ninguno en profundidad, me ha pasado algna vez... Sería muy bueno tener una comparativa de los distintos programas: resumen de posibilidades, carencias, utilidad, adaptación, compatibilidades, etc. Y así tener una guía para decidirnos por profundizar en uno de ellos. Sería un buen tema de TFG... una pena que yo ya tenga dicidido otro tema... pero si alguno o alguna os animáis yo os lo agradecería e iría a vuestra presentación ; )

    Un saludo.

  • Lucia Pardo (Bloqueado)
    Lucia Pardo

    Efectivamente Antonio, en mi centro se utilizan dispositivos de Apple (concretamente iPads). Cuando se decide utilizar una aplicación como Hopscotch (de pago), el colegio emplea una tarjeta que le permite instalar dicha aplicación en todos los iPads disponibles en el centro -es decir, la aplicación sólo se paga una vez-. De esta forma el precio que se paga por aplicación es muy bajo ya que además de ser baratas sirve para todos los iPads, por lo que desde mi punto de vista se puede amortizar bastante bien.

    A pesar de esto, estoy de acuerdo contigo y creo que se debería introducir el software libre en los centros. Opino que además, otro motivo por el que sería necesario introducir este tipo de software es que el alumnado muchas veces compra los dispositivos móbiles que se usan en los centros para poder practicar -con una aplicación, por ejemplo- en sus casas. Si en el centro se utilizan iPads, el alumnado va a verse obligado a comprar un dispositivo de Apple y aquellas familias que no se lo puedan permitir, van a verse "relegadas". Una vez más, nos encontramos de frente con la llamada brecha digital.

  • Lucia Pardo (Bloqueado)
    Lucia Pardo

    Debo corregir un aspecto de mi anterior entrada. Después de llevar unas semanas trabajando con iPads, he decidido instalar Hopscotch -app que creía que era de pago- pero que finalmente no lo es. Dentro de la aplicación sí se incluyen ciertos contenidos de pago (por ejemplo, avatares que se podrían desbloquear pagando cierta cantidad) pero que no son imprescindibles para el funcionamiento de la aplicación.

    De todas formas, en el caso de otras apps de Apple de pago (como Notability, que es muy útil para la edición de textos), sí se lleva a cabo dentro del colegio el proceso anterior (pagarla una vez y que todos los iPads del centro tengan la posibilidad de descargarla).

    Por lo que he visto hasta el momento, muchas apps educativas -al igual que Hopscotch- son gratuítas, aunque dentro de ellas se pueden realizar compras. Otra que implementa este tipo de sistema es Bamboo Paper, una aplicación muy interesante para trabajar la pintura a través de los iPads pero que requiere pagar cierta cantidad si quieres algunas opciones de dibujo a mayores de las que vienen incluídas en la aplicación.

    Disculpad mi error anterior y espero que la entrada también os haya servido para ampliar un poco la información sobre aplicaciones de interés a nivel educativo.