29/09/2015

miguel (Bloqueado)
Por miguel

Quería comentar neste blog que esta clase me pareceu moi importante xa que como futuros docentes temos que saber que políticas de privacidade e condicións teñen as redes sociais, por que e un tema moi importante que se terían que traballar nas aulas, creo que moitos dos que estivemos na aula non tiñamos idea  políticas que teñen as redes sociais.

Outro tema que traballamos na aula foi un vídeo sobre Squeak, este vídeo pareceume moi interesante xa que unha forma de que os alumnos traballen coas TIC pero como futuro docente vexo que sería moi difícil levalo as aulas, para poder levalo as aulas o centro  e todos os cursos terían que involucrarse xa que si non se involucran non todo o alumnado terían o mesmo nivel e isto podería provocar problemas en cursos superioresou se se cambian de centro.