George Siemens e o conectivismo

Lucia Pardo (Bloqueado)
Por Lucia Pardo Comentarios (2)

Na primeira parte da clase do pasado 6 de outubro coñecemos unha idea aplicable ao ámbito educativo –a teoría da conectividade- que me pareceu moi interesante someter a análise, xa que se presenta como unha nova metodoloxía didáctica que as mestras e mestres poderiamos aplicar nas nosas aulas.

Este “modelo de aprendizaxe” nace fronte a teoría da replicación de coñecementos, onde o alumnado é mero consumidor de información. O conectivismo –e como puidemos ver  no vídeo da Fundación Telefónica Perú- tenta que os discentes aprendan dun xeito activo, creativo e significativo. ¿Como se leva a cabo este tipo de aprendizaxe? A través do intercambio de información en rede, onde o alumnado pode participar dende calquera lugar, de xeito que a aula non sexa o único espazo de referencia. Por unha banda, o individuo crea e comparte coñecementos en liña e, por outra, adquire a información que publica xente de distintos lugares do mundo, de xeito que se crea unha especie de retroalimentación, onde o alumnado non só é receptor de información senón que tamén a emite.

George Siemens afirma que na sociedade actual existen outros traballos, á marxe das labores físicas, que esixen que o individuo sexa creativo e conecte con outras persoas. Polo tanto, o conectivismo nace en certa medida para responder ao futuro laboral dos discentes. Os postos de traballo actuais precisan creatividade pero, ¿é esta a causa fundamental para que se promova a creatividade e a aprendizaxe interconectada nas aulas? Dende o meu punto de vista, o principal motivo polo que se deberían integrar correntes educativas baseadas na creatividade na aula é que os discentes teñan unha aprendizaxe significativa, ao mesmo tempo que están motivados en acadar novos coñecementos. Deste xeito, creo que o propósito da introdución de novas metodoloxías na aula non é só responder ao futuro laboral, senón ao presente do alumnado, dándolle a oportunidade de aprender dun xeito divertido e motivador.

Noutra entrevista a Siemens (que vos recomendo xa que é breve  pero explica perfectamente o ideario deste autor que se ve reflectido no vídeo anterior), este teórico afirma que o conectivismo consiste en ensinarlle ao alumnado a estar conectados e a colaborar con outras persoas. Esta corrente – resposta á sociedade global na que vivimos- da a oportunidade de acceder a ideas e conceptos doutras partes do mundo. O que me pareceu de especial interese nesta entrevista é que Siemens promove o intercambio de información pero tamén insiste en que debemos tomar unha conciencia cultural, é dicir, que esta globalización de coñecementos non nos faga perder a identidade cultural propia. (Educación Fundación Telefónica, 2012).

A modo de resumo da teoría da conectividade, gustaríame destacar unha frase do autor que afirma: “no cerebro, o coñecemento está distribuído a través de conexións en diferentes zonas, e nas redes creadas polas persoas (sociais e tecnolóxicas) o coñecemento está distribuído a través de conexións entre individuos, comunidades e máquinas”. (Siemens, 2006, citado en Sobrino, 2011, p.122).

Para concluír este comentario, debo afirmar que non estou totalmente a favor da idea promovida por George Siemens. A pesares de que si me parece especialmente interesante e innovadora, creo que ten algúns aspectos desfavorábeis que analizarei nalgunha das seguintes entradas.

 

Bibliografía

Educación Fundación Telefónica (2012): Entrevista George Siemens. Recuperado o 7/10, 2015 de

Fundación Telefónica Perú (2012): George Siemens - Conectivismo - Lima, 2012. Recuperado o 6/10, 2015 de

Sobrino, A. (2011): Proceso de enseñanza –aprendizaje y Web 2.0: valoración del conectivismo como teoría de aprendizaje post-constructivista. En Estudios sobre educación, 20, (pp. 117-140).

 

Lucía Pardo Moure

Comentarios

  • Antonio G. Vinuesa (Bloqueado)
    Antonio G. Vinuesa

    Ya que estamos hablando de conectivismo me he propuesto antes de ponerme a escribir, leer el resto de entradas, porque la verdad que si escribimos lo mismo en diferentes entradas es como si estuvieramos trabajando de forma individual, cada uno en su libreta sin más. Tirando así por los suelos las posibles ventajas que nos ofrecen las nuevas herramientas tecnológicas, como hablabamos el otro día en clase sobre el uso de las pizarras digitales como simples pizarras.

    Añadiría a tu resumen alguna causa o razón más en la que se mantiene la teoría de Siemens. Por un lado mencionar ,como él llama, la vida media del conocimiento. Aunque es cierto que con los avances de la ciencia el conocimiento se "desarrolla" y se reconstruye a gran velocidad existen ciertos conocimientos, que sin ser estáticos siguen estando vigentes desde hace mucho tiempo (geometría euclidiana). Aun así la conectividad nos permite estar informados prácticamente de una manera automática a los nuevos descubrimientos sobre el conocimiento. Por otro lado, algo de lo que parece que la sociedad no se ha dado cuenta hasta que se han creado las redes sociales actuales, es el hecho de la red a la que desde el inicio de la vida en la Tierra todos estamos conectados y que en cierto modo no deja de ser una red de conocimiento e información (ADN). Siemens habla de ecosistema y de que las redes siempre han sido parte de los sistemas y así es. Sólo tenenmos que observar un ecosistema, la interconexión entre todos los elementos de él, seres vivos, relaciones entre ellos, entorno y energía. Y la importancia en el equilibrio que todas estas redes deben mantener para no romper el sistema y que desaparezca la información y el conocimiento.

    Para no liarme más mencionar dos cosas. Una idea que me ha gustado mucho que creo que puede dar pistas sobre el uso de la conectividad y que aparece en el video que nos has dejado es: la idea de trozear el conocimineto en pequeños trozos, de manera que permita combinarlos, compararlos, valorarlos y así poder crear nuevos conocimientos, nuestra propia red de conocimientos, ya sea en el centro educativo, en la clase o en nuestro entorno personal de aprendizaje.

    Para terminar y enlazando el párrafo anterior con lo que hemos hablado en otras clases sobre wikipedia. ¿Qué es inteligencia?. Transcribo la frase de siemens (bueno... de su traductor): "Una de las primeras cosas que debemos hacer es dejar de tratar la inteligencia como algo que existe dentro de la cabeza de una persona, y más bien darnos cuenta de que la  inteligencia existe como parte las redes sociales y tecnológicas (...)" (Siemens 2012).

  • Lucia Pardo (Bloqueado)
    Lucia Pardo

    A pesares de que como apuntei con anterioridade, tiña pensado redactar una nova entrada con certos puntos en contra do conectivismo, decidín restructurar dalgún xeito o comentario para dar resposta a Antonio. Ao igual que ti, coincido en que é interesante que contestemos aos comentarios das compañeiras e compañeiros, xa que deste xeito podemos ver e comparar os distintos puntos de vista que temos sobre as clases expositivas. É ben sabido que non todos pensamos da mesma forma e, consecuentemente, non prestamos atención ao mesmo tipo de información e mesmo podemos ver relevante algúns datos que para outra persoa pode que non o sexan.

    A frase na que apuntas “aun así la conectividad nos permite estar informados prácticamente de una manera automática a los nuevos descubrimientos sobre el conocimiento”, paréceme que describe de xeito moi acertado esta corrente do conectivismo. No libro de Planeta Web 2.0. (Cobo e Pardo, 2007) hai unha afirmación de Sunstein (2006) que ten un fundamento moi semellante ao do teu comentario e que di que “os cambios do coñecemento científico son como grandes wikis, editables todo o tempo a modo de revisión entre pares, nos cales as novas entradas representan traballos que fan crecer a intelixencia colectiva de forma eficiente”. Ámbalas dúas frases reflicten a importancia da intelixencia colectiva, que é un dos sete principios constitutivos das aplicacións web 2.0. Este tipo de intelixencia é claramente a idea que sustenta a teoría do conectivismo de Siemens.

    Noutra idea na que afirmas que “la red a la que desde el inicio de la vida en la Tierra todos estamos conectados y que en cierto modo no deja de ser una red de conocimiento e información (ADN). Siemens habla de ecosistema y de que las redes siempre han sido parte de los sistemas y así es” recórdame á teoría de Berners-Lee (1996), que aparece no libro citado no párrafo anterior. Este autor confirma a existencia dunha rede mundial –ao igual que afirma Siemens- baseada na interactividade e na creatividade. Deste autor recollo aquí unha frase moi representativa que tamén podería describir o conectivismo:

    “Deberiamos ser capaces non só de atopar calquera tipo de documento na web, senón tamén de crear calquera clase de documento facilmente. Deberiamos non só poder interactuar con outras persoas, senón crear con outras persoas. A interactividade é o proceso de facer cousas ou resolver problemas xuntos”. (Berners-Lee, 2000, citado en Cobo e Pardo, 2007).

    A idea de Antonio referida a que tódolos seres humanos estamos interconectados polo ADN, tamén me lembra á idea de Lévy que di que a intelixencia colectiva existe en calquera lugar onde haxa humanidade. Deste xeito, todos estamos conectamos polo feito de ser seres con capacidade para pensar e para amosar as nosas ideas, aínda que non as compartamos propiamente a través da rede.

    Para concluír e como apuntei ao inicio do comentario, gustaríame enumerar algúns dos puntos en contra do conectivismo, que tamén repercuten no ámbito educativo. É certo que a intelixencia colectiva é un ben potencial para a sociedade pero aplicar o conectivismo nas aulas tamén pode presentar os seus riscos. Gustaríame citar dous, ademais do que tamén falei con anterioridade sobre a perda de conciencia cultural que pode implicar a globalización de ideas e coñecementos.

    En primeiro lugar debémonos preguntar se un estudante descobre e polo tanto aprende cando navega pola rede. (Sobrino, 2011) ¿Sería este un aprendizaxe significativo? Dende o meu punto de vista, o aprendizaxe propiamente significativo e por descubrimento é aquel no que o alumnado elabora as súas propias ideas sobre un fenómeno da realidade, interactuando con ela e acadando un coñecemento determinado. Pola contra, cando os discentes navegan pola rede poden descubrir información pero este coñecemento é “prefabricado”: non están creando coñecemento eles mesmos e, polo tanto, non é un aprendizaxe plenamente significativo.

    Por último creo que o fenómeno da fenda dixital –do que falaba na miña primeira publicación- podería verse potenciado polo conectivismo. Esta corrente supón que todos os individuos teñamos acceso a calquera tipo de coñecemento, tendo tamén a oportunidade de elaborar nós mesmos información. Pero, ¿que pasa con aquel alumnado que non poida acceder a un dispositivo móbil ou á rede? ¿veranse entón excluídos desta intelixencia colectiva? Creo que todos as futuras mestras e mestres deberíamos atender dende un primeiro momento a estas cuestións.

    Cobo, C., Pardo, H. (2007): Planeta Web 2.0. Inteligencia colectiva o medios fast food. Grup de Recerca d'Interaccions Digitals, Universitat de Vic. Flacso México. Barcelona / México DF.

    Sobrino, A. (2011): Proceso de enseñanza –aprendizaje y Web 2.0: valoración del conectivismo como teoría de aprendizaje post-constructivista. En Estudios sobre educación, 20, (pp. 117-140).

     

    Lucía Pardo Moure