O uso dos Bee Bots na escola

Lucia Pardo (Bloqueado)
Por Lucia Pardo Comentarios (5)

Hoxe gustaríame falarvos dun material didáctico que citamos  na aula o pasado día 13: os Bee bots. Dado que esta materia chámase Experiencias de aprendizaxe na era dixital, coido que ademais de realizar comentarios teóricos no blog, tamén é importante que falemos e que investiguemos sobre algunhas das experiencias innovadoras con novas tecnoloxías que se están a levar a cabo actualmente nos centros educativos.

O pasado venres aproveitei a mañá para ir ao centro no que cursei a Educación Infantil e Primaria, coa finalidade de ver o funcionamento dos Bee Bots na Educación Infantil. Sabía de antemán que no curso pasado se instaurou o funcionamento deste recurso, pero aínda non coñecía en profundidade as posibilidades dos Bee bots. Por sorte, unha mestra do centro amosoume como empregaba este material co seu alumnado.

Os Bee bots –para quen non tivera a oportunidade de traballar con eles- son uns robots con formas de avellas que teñen como principal finalidade iniciar ao alumnado de Educación Infantil (ou nos primeiros cursos de Primaria) no mundo da robótica e da programación. Na súa parte superior hai comandos –atrás, adiante, esquerda, dereita, iniciar o movemento, deter o movemento e borrar as ordes- que lle permite ao alumnado inserir na avella unha serie de instrucións para que esta comece a moverse, é dicir, os discentes deben programar a avella para que esta realice un movemento coherente. Dito movemento realízase en ángulos de 90 graos, sobre un panel que ten celas de 15x15 centímetros. Cando pulsamos o botón de “adiante” o robot móvese unha cela cara adiante, e así co resto de comandos. Se queredes ver máis detalladamente o seu funcionamento, aquí podedes visualizar un vídeo dunha experiencia con Bee bots.

Dende o meu punto de vista, o uso deste recurso dentro das aulas presenta unha serie de beneficios a nivel pedagóxico:

  • En primeiro lugar, permite acceder a contidos curriculares dun xeito distinto, á vez que o alumnado se inicia nunha linguaxe de programación. A través dos Bee bots pode traballarse doadamente a área de matemáticas realizando actividades como o conteo das celiñas. Ademais, se en cada cela puxeramos un número (como acontece no vídeo anterior) poderíamos facer que en Educación Infantil xa se traballara a suma sen a necesidade de ensinar aínda o algoritmo desta operación. ¿Vos acordades cando na clase do día 13 o profesor Fernando poñía o exemplo do ascensor para explicar que o alumnado podía entender os números negativos mesmo antes de velos na clase? Pois a través dos Bee bots cabería a posibilidade de traballar a suma, a resta e os números negativos sen a necesidade do ensino dos algoritmos.
  • Con estes robots tamén se poden realizar proxectos en distintas áreas. Os Bee bots veñen acompañados dunha plantilla que lle permite ao profesorado realizar os seus propios paneis de distintas temáticas. Deste xeito, este material serviría para realizar actividades motivacionais ou de “enganche” para espertar no alumnado curiosidade sobre a temática dun proxecto determinado. Poden tratarse contidos dende a lecto-escritura ate aspectos de seguridade vial, pasando polo ensino de conceptos topolóxicos como fora, dentro, arriba ou abaixo.
  • A través do uso dos botóns dos Bee bots tamén se traballa e asenta a lateralidade, concepto imprescindíbel na Educación Infantil.
  • Polo que puiden ver o pasado venres cando o alumnado empregou este material, os Bee bots tamén fomentan o traballo cooperativo xa que os discentes se apoian entre eles para programar os robots.
  • En termos económicos, é unha ferramenta que custa en torno a 70 euros actualmente. De entrada pode semellar algo cara pero podería haber unha por aula e mesmo por nivel, de xeito que tamén incentivaría o traballo colaborativo entre o profesorado á hora de realizar proxectos en equipo.

Actualmente existe unha nova modalidade destas ferramentas: os Blue Bots. O seu deseño é máis personalizable e funcionan a través de Bluetooth, o que permite o seu control mediante calquera dispositivo móbil. Coa axuda dunha aplicación pódese controlar o Blue Bot, de modo que os seus botóns quedan inhabilitados cando está conectado ao dispositivo.

En conclusión, parécenme ferramentas moi útiles para iniciar ao alumnado máis pequeno na linguaxe de programación. ¿Alguén ve algunha desvantaxe no uso dos Bee bots nas aulas? ¿Parécenvos ferramentas de interese pedagóxico? Agardo que vos fora de interese toda esta información e que comentedes algunha destas cuestións.

Bee bot Bee bot

Bibliografía

Rusty Monkey (2011): Beebot from TTS used for Numeracy activities. Recuperado o 16/10, 2015 de

 

Lucía Pardo Moure

Comentarios

  • Antonio G. Vinuesa (Bloqueado)
    Antonio G. Vinuesa

    ¡Me parece muy interesante! Escuche sobre estos Bee bots en la clase por primera vez y más o menos me imaginé lo que eran, pero ahora ya puedo tener una idea exacta. Gracias Lucía por la entrada. Además siempre me sorprende mucho los recursos usados en Educaciñon Infantil, ya que me resulta muy difícil pensar actividades y metodologías para estas edades y este ejemplo me parece genial. Concuerdo con todas las afirmaciones que has hecho sobre utilidad de estos en el trabajo de aula y su adecuación curricular.

  • Lucia Pardo (Bloqueado)
    Lucia Pardo

    Me alegra que te haya interesado la entrada, Antonio. La verdad que como he redactado con anterioridad, creo que es interesante que en esta materia compartamos las experiencias que hemos tenido con dispositivos móbiles o cualquier otro tipo de material innovador, tanto dentro como fuera del ámbito educativo. 

    Con respecto a lo que opinas sobre que es difícil pensar actividades o metodologías en Educación Infantil, creo que a veces los docentes suelen tener "miedo" a introducir un nuevo recurso en el aula. ¿Y si el alumnado más pequeño no llega a entender la dinámica de su funcionamiento? ¿Qué hago si a pesar de utilizar recursos innovadores no llego a alcanzar los objetivos de etapa? A veces dejamos de introducir nuevas recursos pensando que los discentes serán incapaces de emplearlos. Desde mi punto de vista, pecamos de ingenuos creyendo que el alumnado no alcanzará un manejo óptimo de las nuevas tecnologías o recursos innovadores, cuando muchos maestros incluso se han encontrado con la situación de que sus propias alumnas y alumnos los llegan a sobrepasar en cuanto a conocimientos tecnológicos se refiere.

  • Ana (Bloqueado)
    Ana

    Muy interesante Lucía! Qué suerte que pudieses ver de primera mano el funcionamiento de este material! 

  • Irimia (Bloqueado)
    Irimia

    A mi también me ha parecido una entrada muy interesante. Considero que es un material didáctico de gran interés educativo que nos proporciona muchos beneficios en el ámbito pedagógico, entre ellos trabajar contenidos curriculares de una forma distinta, más divertida y original, que puede atraer más al alumnado. Recursos como este proporcionan muchas ventajas como las que ha apuntado Lucía, pero alguna de las desventajas que se me ocurren, contestando una de las preguntas finales de la entrada, son el hecho de que para poder sacarle el máximo rendimiento a materiales así, necesitamos docentes bien formados, creativos y actualizados a las nuevas tecnologías. Además, dependiendo del centro educativo, el coste de estos recursos también puede suponer un inconveniente, así como su mantenimiento.

  • Almudena Alonso

    Hola a todas/os!

    Ya sé que estudiáis el Grado de Primaria pero como he visto esta entrada sobre los Bee Bots y educación infantil, quería dejaros un enlace de las maestras del EEI Barrionovo que trabajan con estos robots y tuvieron la oportunidad de trabajar también con los Escornabot (un proyecto de origen gallego de código abierto, muuuy interesante!!).

    http://novosnobarrio.blogspot.com.es/search/label/Robot

    http://noaltodobarrio.blogspot.com.es/search/label/ESCORNABOT