Wikipedia e os seus segredos.

Raquel Almuíña (Bloqueado)
Por Raquel Almuíña Comentarios (1)

Despois da magnífica charla que nos deu o pasado martes  Jorge Sierra puiden descubrir os “secretos” da Wikipedia e do grupo Wikimedia.

Digo “secretos” porque aínda que para algúns seguro que eran coñecidos, coma en moitas outras cousas relacionadas coas novas tecnoloxías e o seu correcto funcionamento, persoalmente non imaxinaba que o concepto de Wikipedia puidera abarcar tantas cousas.

É unha ferramenta que nos permite poñer o alcance de calquera unha gran cantidade de información e coñecemento creado por nos mesmos. Ata non fai moito tíñamos que recorrer ás enciclopedias para realizar calquera consulta, pero chegaba un momento no que quedaban obsoletas e desactualizadas, mentres que o sistema de Wikipedia permite unha rápida actualización de contidos. Tamén é verdade que non debemos eliminar nin esquecernos do “formato papel”, é máis, eu son das que lle gusta marcar nos libros e pasar as follas, pero este tipo de soportes permite a toda a comunidade ser participe na construción do coñecemento, o que da pé para traballar o tema da colaboración e cooperación entre distintas persoas do mundo e pode servir de axuda para outras.

Comparto a idea que tiña o meu compañeiro Brais de que todo o que esta na Wikipedia é de todos, e cando un escribe nesta, o contido pasa a ser público para que todos nos podamos nutrir dela, sempre facendo un uso responsable dela obviamente. Vai moi ligado tamén ó que destacaba Elisa sobre a idea do voluntariado dixital. E é que actualmente dispoñemos dunha gran cantidade de información en décimas de segundo, que unha vez consumidas non lles volvemos a dar ningunha importancia, pero é aquí onde debemos pararnos e valorar o poder que teñen as nosas accións ou a de outros se sen fan de maneira desinteresada.

Como a gran maioría dos meus compañeiros sempre non recalcaron a idea de que Wikipedia non era unha fonte fiable, pero gracias a Jorge puidemos descubrir como se filtra a información e a implicación da xente para evitar posibles “fakes”. Aínda que digamos “non, eu non son consumidor de Wikipedia e moito menos para traballos”, penso que a gran maioría lle temos que agradecer as múltiples ocasións na que nos ten salvado, sacado de dúbidas e facernos gañadores de apostas cando estamos discutindo con alguén. O que nunca nos plantexamos é que hai detrás de todo isto, e penso que é porque estamos acostumados a que nos sirvan en bandexa unha gran cantidade de información momentánea sen pararnos a pensar como chegou ata aí. E como dixo Jorge, en Wikipedia pode escribir calquera que este disposto a participar e a compartir os os seus coñecemento acerca dun tema, intereses ou simplemente ampliar ou mellorar unha información.

Quería destacar unha cousa que dixo Elisa onde se preguntaba cal era a diferenza entre o voluntariado “dixital” e o que fas con nenos ou outros colectivos, e que di así En común tenemos la ganas de ayudar a los demás, de convertir una utopía en una realidad, con un sentido de gratuidad, de solidaridad, de construcción de algo más grande que nosotros. Wikipedia es de verdad un proyecto global, colaborativo, libre y disponible para todos los que lo necesitan, de todos y para todos”.

É por iso que como futuros mestres non debemos pecharlle as portas a este tipo de ferramentas, senón que debemos ensinarlle os nenos como a deben empregar, pero deixando tamén que investiguen e descubran por si mesmos, incluso facéndoos participes e que colaboren entre eles. Como dicía Ana, igual tamén son máis partidaria da idea dunha Wiki en xeral, onde os nenos e nenas creen un espazo para cooperar e colaborar, e tal e como expresaba ela  puedan construir la propia temática que se está tratando en el aula e intentar mejorarla, ampliarla y editarla entre todos. Esta sería la cúspide del aprendizaje cooperativo: la capacidad de construir y estructurar el conocimiento entre toda la clase, realizando distintas aportaciones e implicándose en el proceso de creación”.

Xa por último e como conclusión agradecer e felicitar a Jorge pola magnífica charla que nos deu, polos anécdotas e os momentos divertidos que nos fixo pasar a todos e pola simpleza co que nos transmitiu todo. Penso que sesións como estas deberían ser obrigatorias para todos os alumnos non só os de esta materia, o igual que a desta semana sobre os espazos de aprendizaxe cos proxectos Abalar e EDIXGAL.

Comentarios

  • Elisa (Bloqueado)
    Elisa

    Hola Raquel!
    Me puse a leer tu blog y cuando he leído mi nombre me emocioné muchísimo! 
    Siempre es gratificante ver que alguien lee lo que se escribe, y sobretodo que le gustan y comparte tus ideas!

    La idea del voluntariado digital fue algo que me llamó muchísimo la atención, porque, como dices tú, "Como a gran maioría dos meus compañeiros sempre non recalcaron a idea de que Wikipedia non era unha fonte fiable " por esta razón: porque pensábamos que las fuentes no eran fiables.
    Gracias a Jorge podimos cambiar de idea y adquerir una nueva perspectiva, es decir ver los creatores de artículos de Wikipedia voluntarios, y no sólo bichos raros o alienígenas.

    Gracias por la cita, me siento importante!
    Un abrazo

    Elisa