O proxecto Abalar

Lorena (Bloqueado)
Por Lorena

Na última clase tivemos a sorte de poder sumerxirnos nunha aula onde está implementado o proxecto Abalar. Alí un asesor deste proxecto puido explicarnos o mesmo, podendo nos visualizar como traballan os nenos/as dende este no seu día a día. Ademais ensinounos outro tipo de proxectos relacionados coa tecnoloxía que tamén están implementados nas aulas, vendo máis recursos que nun futuro poderemos atopar nos colexios.

Toda esta información é de gran utilidade xa que así poderemos saber máis acerca do funcionamento que estes recursos nos ofrecen e que moitas veces non sabemos aprobeitar por descoñecemento do seu funcionamento ou porque leva moito tempo e esforzo conseguir que todo funcione de xeito correcto. 

Estes proxectos son parte do futuro, dado que cada vez máis a tecnoloxía está presente na nosa sociedade e en todos os ámbitos da mesma, polo que debemos coñecela para poder ensinarlles aos rapaces/as non só a saber utilizala senón a aprender a través da mesma. Dado que moitos dos proxectos que utilizan a tecnoloxía o único que fan é ter un libro dixital, pero sendo o mesmo que o libro de texto tradicional. Debemos modificar isto para que non só se utiliza a tecnoloxía como forma de proxectar o libro de texto senón a investigar, utilizar ferramentas de construcción, traballar en distintos programas, buscar información pola web de forma crítica,... para así aprender non só de tecnoloxía senón a través da mesma.

Ademáis tamén con estes proxectos abre unha nova porta coa comunicación coas familias, dado que tamén existen programas que fan esta máis directa e fácil ca hai uns anos atrás. Facendo que as familias se atopen máis cercanas a escola e que poidan coñecer máis como é o desenvolvemento dos seus fillos/as na mesma. 

No meu período de prácticas, no colexio estaba implementado o proxecto EDIXGAL aínda que non tiven a sorte de estar nestes cursos para coñecer máis o seu funcionamento. O que sí que existía a nivel xeral en todo o colexio, era unha aplicación para móvil onde os mestres/as lles podían mandar mensaxes ás familias, sendo está outra diferente Abalar Móbil que nos mostraron. Pero esta aplicación tiña o inconvinte de que as familias non podían mandarlles mensaxes aos mestres/as senón só podían confirmar os mensaxes que estes lles enviaban, interrumpindo a comunicación. 

Mirando ao pasado de cando eu estudaba creo que o avance neste ámbito tecnolóxico foi bastante, aínda que queda moito máis por mellorar dado que as veces non se utiliza de forma correcta todas as posibilidades que esta tecnoloxía nos ofrece. Polo que é algo a mellorar como futuros mestres/as.