Entornos de aprendizaxe e Traballo

Lorena (Bloqueado)
Por Lorena

Os entornos de aprendizaxe proporcionanlle aos alumnos/as varias ferramentas dixitais, nas cales se poden relacionar e comunicar a súa opinión, así como obter a información que necesitan. Isto é un reflexo do que tamén debería ocorrer nas aulas, e non só na rede; aínda que as veces non se facilitan todas estas ferramentas aos alumnos/as polo que se perde unha parte importante da aprendizaxe que sería moi beneficiosa para o alumnado. Dado que se non poden expresar libremente as súas opinións non reflexionaran sobre a información adquirida, e ao non poder relacionarse cos demais non intercambiaran as súas opinións podendo chegar a conclusións que antigamente nun inicio non se lles ocorrreran.

Dado que co avance tecnolóxico foi posible a existencia de estas ferramentas creo que é importante aproveitalas o máximo posible, xa que antigamente penso que cando estas mesmas ferramentas non existían os alumnos/as buscan información na rede sen ter ningún tipo de filtro e collendo información erróneo, ademais de non reflexionar e facer unha selección crítica dos contidos que estaban atopando. 

Nesta última clase, ademais de falar sobre os entornos de aprendizaxe, tamén puidemos comezar co noso proxecto de planificación de unha actividade con todo o ensinado na materia. Nun primeiro momento non sabíamos por onde comezar, si que tiñamos algúns ideas pero non como poderíamos levalas a cabo. Pero despois de reflexionar e poñer en común no grupo de traballo todas as posibilidades puidemos atopar un proxecto que creemos que pode ser beneficioso.