• Blogs
  • Manuel
  • ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE NA ERA DIXITAL

ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE NA ERA DIXITAL

Manuel (Bloqueado)
Por Manuel

Nas últimas sesións de clase estivemos centrándonos no concepto de PLE, que son as siglas en inglés para abreviar Entorno Persoal de Aprendizaxe. A continuación explicarei en que consiste esta forma de traballar, amosando tamén como os PLEs están directamente relacionados con aspectos vistos nesta asignatura.

O PLE é unha forma de traballar que podemos dividir en tres partes diferenciadas:

  • LEER / ACCEDER Á INFORMACIÓN, utilizando ferramentas como blog,  vídeos,... e onde o alumnado debe ter curiosidade e estar interesado no que se está a buscar.

  • FACER / REFLEXIONAR FACENDO, con ferramentas como o seu propio blog, ou o muro do perfil das redes sociais, por poñer un par de exemplos. Neste caso trátase de que os alumnos e alumnos reflexionen sobre a información da que dispoñen e poidan ser críticos coa mesma, creando por exemplo un diario de traballo.

  • COMPARTIR, a última etapa consiste en compartir o que cada alumno foi elaborando, para o cal podemos utilizar calqueira ferramenta que teña unha red social de fondo.

Como se pode observar, estas tres partes estan moi relacionadas con contidos que foron traballados ao longo das diferentes sesións, o PROXECTO ABALAR ou a WIKIPEDIA son claros exemplos dun Entorno Persoal de Aprendizaxe. E sen ir mais lonxe, como xa comentei anteriormente, nesta mesma asignatura estamos a desenvolver un PLE. En canto a leer e acceder a información temos diferentes documentos tanto visuais coma escritos na aula virtual aos que podemos acceder. Esta información analizámola de forma crítica e reflexionámola mediante a creación dun diaria de traballo. E por último dito diario compratímolo cos demáis compañeiros nesta mesma red social na que estou escribindo.

Unha vez dito todo isto, gustaríame rematar comentando que os PLEs parécenme unha moi boa forma de traballar e de desenvolver o aprendizaxe, creo que se potencia moi favorablemente a capacidade crítica dos alumnos, ademáis penso que é moi positivo para o aprendizaxe que cada un poida compartir as súas opinións e que todos as pidan ver.


Referencias:

PLE Adell y CastañedaFicheiro

https://cv.usc.es/pluginfile.php/87011/mod_resource/content/1/AdellyCasta%C3%B1edaCap1.pdf