Peche da materia

Tania (Bloqueado)
Por Tania

Xuntanza e posta en común de todo o traballado e elaborado por cada grupo. Cada proposta era diferente e verdadeiramente aquí foi onde realmente nos beneficiou, en que cada grupo tiveras as suas ideas tan claras e tan estruturadas e que abundara a variedade de actividades e propostas, pois así aprendemos uns doutros e enriquecemonos cos traballos e coa información que obtemos de min para ti e de ti para min. Pois deste xeito intercambiando ideas puidemos encher a nosa cabeza e o noso punto de vista sobre as diferentes aplicacións e as diferentes actividades e propostas que se mostraron para traballar nunha aula o dia de maňá a través e coas tics.
Dende o meu punto de vista un moi bo remate de asignatura, xa que todo o visto na aula dia tras día se puido relacionar e aplicar a unha posible situación e contexto para velo factible e velo situado no espazo e no tempo. Deste xeito e como pretendía o mestre dende o principio era que todo isto non caera en saco roto e que se culminara nalgo sólido, e así foi.