La tecnología y yo

 

Baixo o  meu punto de vista a tecnoloxía, hoxe en día xira en torno a Internet e sobre todo as redes sociais. Internet é unha  fonte de información na que se pode buscar todo tipo de información e de maneira rápida e concisa. Con internet naceron as redes sociais. Estas ademáis de ofrecer unha maneira máis fácil e cómoda de comunicarte cos demáis, tamén permite coñecer as costumes e tradicións das diferentes culturas

Ademais as redes socias permítennos compartir todo tipo de información, así podemos ofrecer coñecemento ou aprendelo de maneira indirectatos, e existe a posibilidade de debatir e ofrecer a túa opinión sobre os diversos temas que se comparten.

Así pois, para min cando me falan de tecnoloxía penso en redes socias, esto tamén pode ser porque son as plataformas que máis emprego e a través das cales adquiro novos coñecemetos de temas que nunca pensei que me poderían interesar.