Tecnología Vs mundo

Dende o meu punto de vista esta é unha imaxe que reflexa a situación actual que estamos a vivir coa tecnoloxía, concedéndolle un poder e un papel primordial nas nosas vidas. Estamos nun momento no que a tecnoloxía nos influenza e nos guía no noso día a día, poñéndose na cume da pirámide da vida.  Condiciona as nosas accións e pensamentos ata o punto de facernos completamente dependes dela.

Con isto, non quero dicir que a tecnoloxía sexa algo malo, é máis, penso que é algo que xurdiu para facilitarnos e mellorarnos moito a vida; pero si o é o uso indebido e desmesurado que facemos dela.

Necesitase unha educación tecnolóxica, que ensine un uso responsable e adecuado da tecnoloxía, que a faga ver como unha ferramenta de axuda e de mellora para a vida e non como centro da mesma. 

Comentarios

  • Irene Campelo

    completamente de acuerdo contigo en que como educadores deben surgir nuevos programas de intervención en el aula para ayudar a los más pequeños y a los más grandes a hacer un uso suficiente de las tecnologías sin llegar a abusar de ellas y que lleguen a dominar nuestras vidas.