La isla

Nesta película pódense ver os problemas éticos que xorden cos avances científicos e tecnolóxicos. Ademais da alusión a tecnoloxía que se fai nela, tanto como ferramenta de control dos individuos, como nas técnicas de clonación, formas de comunicación avanzada, aparellos e demais.

Por mor dun desastre ecolóxico, miles de persoas encóntranse nunha especie de nave xigantesca, coidadosa e estritamente vixiados, impedíndolles aos individuos tomar decisión libremente e controlándolles a súa vida cotiá. A única saída para eles e ser elixidos para ir a “isla”.  

Aínda que a realidade é ben distinta, eses individuos son clons producidos a partir de persoas ricas co único fin de servir de doantes de órganos delas, cando alguén é chamado pa ir a “isla” en realidade morre no quirófano cando se lle extrae o órgano que se necesita; tratándoos como simples obxectos que non senten nin padecen.

A través dela faise alusión ao lado escuro dos avances tecnolóxicos, a clonación de persoas cun fin único e desalmado, ao control excesivo que se pode exercer nas persoas a través de aparellos tecnolóxicos, a manipulación da vida, etc.; prantexando simultaneamente un problema ético e moral.