Black Mirror. Serie sobre a tecnoloxía.

Se hai unha serie televisiva crítica ca temática tecnolóxica, esa é Black Mirror.

Black Mirror é unha serie británica creada por Charlie Brooker, a cal contsa de diferentes episodios con historias completamente independentes e en cada unha delas mostra unha problemática acerca de como a tecnoloxía pode afectarnos facéndonos a nós esclavos da mesma.

image

Aínda que todos os capítulos me pareceron moi interesantes de ter que escoller quedaríme con dous deles.

No primeiro episodio chamado ''Himno Nacional'' (ambientado na época actual) preséntanos o secuestro dunha duquesa, cuxo raptor anuncia por You Tube que se o primeiro ministro non accede a realizar actos vexatorios (cun animal) en directo a través da televisión asesinará á duquesa. O ministro finalmente accede e os cidadás lonxe de apagar as televisións para non apoiar tal humillación para unha persoa, reúnense en bares e diferentes lugares e contémplano rindo coma se dun partido de futbol se tratase.

Outro dos episodios que tamén me impactou foi ''Tu historia completa''. Neste episodio preséntase unha sociedade futura na cal os seres humanos levan un chip implantado no cerebro que lles permite reproducir, pausar, rebobinar e ata eliminar os seus recordos cantas veces queiran, asi como poder mostrarllos a calquera. Estes recordos contrólanse por medio dun mando a distancia. Este sistema acaba deshumanizando aos persoaxes volvéndoos paranoicos, resproducindo os mesmos recordos unha e outra vez para fixarse nos máis mínimos detalles o cal acabará facendo que máis de un decida arrancarse o propio chip; o cal é lóxico posto que poder poñer os nosos recordos persoais ao alcance de calquera acaba afectando ao máis íntimo de calquera persoa.

Cada capítulo mostra como o exceso de tecnoloxía acaba destruíndo as relacións humanas e convertindo a vida diaria en algo deshumanizador en vez de falicitarnos a vida.

Penso que esta serie é moi recomendable ademáis de invitar á reflexión episodio tras episodio.

_____________________________________________________________________________________________

Documento recuperado de: http://www.vayatele.com/ficcion-internacional/black-mirror-calidad-critica-e-irreverente o 10 de marzo de 2016