Clase expositiva 8 de marzo

A clase expositiva do 8 de marzo fíxome pensar sobre todo aquelo que se considera tecnoloxía e eu non o pensaba como tal, é dicir, para min algo que no seu momento foi tecnoloxía non o tiña porque ser a día de hoxe.

Pero repensando todo isto, porque algo que no seu momento foi tecnoloxía non o pode ser hoxe en día? Moitos dos obxectos que o foron non son obxectos inexistentes actualmente ou inutilizables, xa que moitos deles son de máxima utilidade nos días de hoxe. Con isto estoume referindo ás cadeiras, ás mesas, a un martelo, a unha ventá, a unha machada, etc, que son utensilios que sen eles non viviríamos igual.

Para concluír, desta clase saco en claro que practicamente todo o que nos rodea forma parte da tecnoloxía, xa sexa educativa ou doutro tipo.