• Blogs
  • María
  • Pizarra tradicional ou pizarra electrónica?

Pizarra tradicional ou pizarra electrónica?

Moitas veces si que me parei a pensar na seguinte pregunta: por que conviven a día de hoxe pizarra tradicional e pizarra electrónica nas aulas? Pero nunca fun máis alá ata o de agora.

Creo que a páxina web que vos deixo ao final desta publicación na bibliografía nos achega 7 razóns polas que a pizarra electrónica debería substituír á pizarra tradicional dunha boa maneira, e unha conclusión que explica o porque de convivir estas dúas pizarras nunha mesma época.

Eu mesma, chego á conclusión de que somos nós mesmos aos que non nos interesa adaptarnos ás novas tecnoloxías moitas veces, xa que nos acomodamos no que tiñamos anteriormente e vemos máis complicado aprender a usar algo novo que nos parece complexo a pesar das súas vantaxes. Si comparamos esto con algo parecido, sería o uso dos móbiles nos nosos avós, é dicir, nas persoas maiores. Eles conviviron cun tipo de tecnoloxía como era o móbil sen internet e demais avances (sen deixar de lado que tamén viviron sen el), entón agora, para estas persoas, é moito máis sinxelo empregar un móbil de características básicas de teclas e sen internet porque xa o aprenderon a usar, que comezar de novo a aprendizaxe doutro dispositivo de características moito máis avanzadas.

Por todo isto, considero que somos, ás veces, demasiado cómodos e nos estancamos no que xa sabemos para evitar aprender algo que nos parece complexo.

Bibliografía:

Moll, S. (1 de xuño de 2014). 7 Razóns polas que debería desaparecer a pizarra tradicional [Mensaxe dun blog]. Recuperado de: http://justificaturespuesta.com/7-razones-por-las-que-deberia-desaparecer-la-pizarra-tradicional-de-las-aulas/

Comentarios

  • Irene Campelo

    ¡Bo día María! En resposta a túa cuestión eu digo, PIZARRA ELECTRÓNICA SÍ. 

    Os meus motivos son tan sencillos como que a pizarra electrónica permite facer o mesmo que a pizarra tradicional pero con un valor engadido, xa que nela pódense insertar imaxes, cambiar as cores ou o tamaño do trazado ou, por exemplo, gardar os escritos que se fan, polo que puiden ver durante a miña experiencia personal en clase.

    Destacando algunha das vantaxes da pizarra dixital temos:

    -Supón unha fonte inagotable de información multimedia e interactiva de maneira inmediata.
    -Fai que as clases sexan máis vistosas e audiovisuais.
    -Axuda a motivar e captar o interés do alumnado.
    -Facilita aos estudiantes seguir as explicacións do profesor, por exemplo ao ter que usar algún programa electrónico, xa que poden ver directamente cómo o está a facer o profesor.
    -Permite a consulta e presentación en clase dos apuntes e traballos realizados polos estudantes, polo que promove un papel máis activo destes.
     

    Bibliografía: 

    Montoya, J.M. (2007, agosto 24). Ventajas y desventajas de la pizarra digital. [entrada en blog]. Recuperado de: http://fuerzaysalud7.blogspot.com.es/2007/08/ventajas-y-desventajas-de-la-pizarra.html 

  • Carla Garabal

    Hola chicas, yo también estoy totalmente de acuerdo con la pizarra electrónica, no solo por las razones que da Irene (que son mas que suficientes) si no por una única y sencilla razón, el dinamismo que conlleva utilizarla, la atracción que causa a la vista. Una pizarra tradicional es un rectangulo verde donde se escribe con una tiza blanca, la pizarra electrónica realiza la misma función y muchísimas mas, los vídeos, imágenes, colores, tipos de letra,...hacen que el alumnado preste mas atención por la atracción que causa. 

    Con respecto a tu opinión María, la comparto totalmente, el profesorado, los abuelos,...a pesar de que sus habilidades digitales están un poco mas atrofiadas que las nuestras, es decir, no tienen tanta facilidad para manejar un movil como nosotros, no les lleva idea hacerlo, están acostumbrado a vivir con lo de antes que no se molestan en avanzar cuando en nuestro campo, la educación, lo considero algo esencial para no quedar obsoletos los métodos de enseñanza y que el proceso de enseñanza-aprendizaje sea más dinámico y productivo.