Glosario (T)

observatorio-lupa.jpg

Como ben dixen na entrada anterior, paréceme moi importante clarificar conceptualmente os termos que surxan nesta materia. Así pois vou crear un glosario xa que pode ser un bo punto de partida para construír coñecemento. Considero que a riqueza de vocabulario vai acompañada da riqueza do pensamento, polo que cada palabra que dubide no seu significado ou que simplemente me pareza enriquecedora para o glosario, intentarei definila e explicala.

Espero que colaboreis para amplialo e que vos sirva de gran axuda.

  • Tecnoloxía:  conxunto de coñecementos, ferramentas, maquinarias, información, habilidades, procedimentos técnicos e materiais empregados para transformar procesos e completar tarefas.

Cómpre destacar, que non só se denomina tecnoloxía "a cousa" senón tamén aos cambios que trae consigo. Ao principio da materia tiña unha visión reducionista da tecnoloxía en sí, pero é importante decatarse das mudanzas, alteracións que produce esa tecnoloxía, como das pautas de uso coas que se aplica, forma de emprego das persoas pensamento, expectativas e conflictos que xera etc.

  • Tecnoloxía Educativa: é unha disciplina pedagóxica que estuda o proceso de diseño, desenvolvemento, aplicación e avaliación de sistemas, técnicas e medios para mellorar a ensinanza e o aprendizaxe humano. Esta definición considera á tecnoloxía como aplicación dos productos da ciencia á práctica; neste caso, aplicación do coñecemento científico organizado para a solución de problemas educativos, concretamente ao diseño de cursos de acción avaliables para producir aprendizaxes efectivos. Engloba liñas de traballo e estudo como as tecnoloxía da información e comunicación no sistema escolar, o deseño  e desenvolvemento de materiais educativos –tanto impresos, audiovisuais como dixitais-, o e-Learning ou aprendizaxe virtual, así como medios de comunicación na educación.
  • TIC (Tecnoloxías da información e comunicación): engloba a tecnoloxía informática. as telecomunicacións e os audiovisuais. Caracterízanse pola dixitalización de calquer dato, sexa de natureza textual, auditiva ou icónica. Exemplos? os mundos virtuais, os videoclops, as simulacións, a videoconfererncia, as mensaxes escritas en correos electrónicos, chats, navegación na web, as presentacións de diapositivas multimedia, proxectores, DVD..

Hoxe en día estase a producir un notable crecemento das experiencias, proxectos e actividades de ensino e aprendizaxe a través da utilización da TIC en todos os niveis educativos. Tanto na educación infantil, Primaria ou Secundaria como no Ensino Superior, na formación ocupacional ou na educación non formal, as tecnoloxías dixitais forman parte da escenografía necesaria para o desenvolvemento dos procesos educativos. Así pois, o emprego destas tecnoloxías van desde propostas de apoio ás actividades presencias na aula, como poden ser a utilización de encerados interactivos, realización da web-quests, consulta dunha enciclopedia en CD-ROM ou a busca de información en Internet, ata a organización de cursos formativos desenvolvidos total ou parcialmente a distancia mediante o emprego de contornos virtuais para a aprendizaxe( coñecido como e-Learning).

Pero cales son as razóns para incorporar as TIC á educación e ao ensino? Próximamente reflexionarei sobre isto.

Bibliografía:

Fainholc, B. (2009). Diccionario práctico de tecnología educativa. Buenos Aires: Alfagrama