OS CAMBIOS NUNHA IMAXE

IMAXE COMPARACIÓN HOMES NENOS.jpg 

Comparto esta imaxe con vos porque me resulta moi curiosa, dando pé a múltiples interpretacións, a pesar da diferenza de idade entre os protagonistas da imaxe de arriba e a de abaixo así como o ámbito/espazo no que se atopan (os homes traballando e os nenos nun momento de lecer).

Por un lado considero que nos amosa os cambios sufridos na sociedade en relación á forma de transmisión de información e de entretemento. Antes era en formato papel mentres que hoxe en día son electrónicos. Persoalmente, ofréceme a impresión de que hoxe en día non existe comunicación entre as persoas (ou a forma de comunicarse é diferente?) xa que os da primeira imaxe, a pesar de ter un xornal/documentación na man para poder ler están compartindo cousas entre eles mentres que os nenos, a pesar de se atopar reunidos, é de xeito máis individual, apenas existe interacción entre eles ou esta interacción é de xeito virtual.

Por outro lado, xa falando metaforicamente, resúltame peculiar como o mundo actual se considera máis activo que outrora, como as persoas levan unha vida máis “intensa” pero no fondo, os nenos que apreciamos na imaxe se encontran pasivos tendo un gran terreo ao seu redor para poder xogar, sendo as persoas da imaxe superior as que transmiten máis sensación de actividade.

A vos que vos transmite esta imaxe?

Comentarios

  • Cristina Fiuza Rodriguez

    Hola Araceli! Me parece súper interesante esta comparación entre ambas imágenes, creo que esto es exactamente lo que se trataba en una clase expositiva hace un par de semanas, cuando se puso sobre la mesa la cuestión de si la tecnología nos acerca realmente a las otras personas. Si bien es cierto que nos permite hablar con cualquiera en cualquier momento y salvando todas las distancias, fueron muchas los compañeros que dijeron que nos alejaban de las personas que tenemos más cerca, y creo que eso es exactamente lo que nos permite ver esta imagen de los niños. Es posible que estén hablando con un amigo que no se encuentra en ese momento con ellos, o compartiendo una imagen en Fb con todos sus contactos, pero no están disfrutando el momento que están viviendo todos juntos. 

    A mí personalmente, me resulta cada vez más familiar la segunda imagen, aunque yo me sigo viendo más identificada con el primer grupo,  prefiero claramente el contacto directo y real con las personas que las relaciones "virtuales". 

  • ...

    Ola Cristina! en primeiro lugar perdón pola tardanza en contestar e moitas grazas por ofrecer a túa opinión.

    Eu coma ti comparto a idea de que debemos fomentar máis o contacto directo que as relacións "virtuais" (aínda que estas últimas sexan unha boa vía de escape para a xente tímida, xente que vive lonxe, etc). Como ben dis, na clase falouse de como as tecnoloxías están cambiando a nosa forma de relación poñendo de exemplo cantos de nos comemos co teléfono móbil ao noso carón. O problema non é que cada vez esteamos máis rodeados de tecnoloxías se non o uso que facemos de elas. O teléfono móbil, neste caso, pode ser un gran amigo, pero se abusamos do seu uso poida que nos perdamos moitas cousas fermosas como pode ser unha conversación coa familia, amigos ou simplemente admirar a paisaxe que nos rodea.