La evolución de la tecnología

Raquel Rodríguez Costas, Lara Rodríguez Vázquez e Sofía Veiga Soto, coincidimos na idea de que a tecnoloxía e os instrumentos que a compoñen avanzan a unha velocidade exponencial.

Partindo dun instrumento cotiá como é a roda, crearonse infinidade de mecanismos complexos que provocaron un desenvolvemento rápido da sociedade facilitando a vida e cambiando as pautas de comportamento. Do mesmo xeito, a tecnoloxía actual converteuse nun medio e nun fin que non só modificou os aparatos existentes senón que tamén cambiou ao usuario. No campo da mediciña, algúns aparatos son imprescindibles (raios X), por ese motivo, podemos extraer que certas actividades son imposibles de realizar sen a tecnoloxía actual. Sen embargo, todos estos avances non son neutrais e constitúen unha arma de dobre fío xa que o seu mal uso tamén pode perxudicar a sociedade (Burbules y Callister, 2001).

En canto aos ordenadores, consideramos que son unha ferramenta que incorporou múltiples avances: mellora das comunicacións, facilidade para a búsqueda de información, saber o que pasa en calquera parte do mundo, internet... Por este motivo, actualmente considérase aos ordenadores o vértice da industria tecnolóxica, xunto con internet. En canto ao ámbito educativo, esperase dos ordenadores que sexan unha ferramenta eficaz para cubrir aquelas carencias ou necesidades. Cabero (2000) expón a importancia que ten neste momento na Educación Especial debido a que se crearon novos aparatos que facilitan a integración das persoas discapacitadas.

Outro invento que consideramos de relevancia son os drons, xa que estes aparellos poden chegar a zonas de dificil acceso, búsqueda de persoas, fins arqueolóxicos, vixiancia aérea, control de incendios forestais, investigacións arqueolóxicas, etc.