Transformación do concepto de Tecnoloxía

Por Elvia Díaz

Xa que na última interactiva se realizou unha actividade na que reflexáramos que é para nos a tecnoloxía queremos ofrecervos o noso punto de vista, o que pensabamos do que era tecnoloxía antes de ter a clase expositiva, pois o concepto tecnoloxía abarca moito máis do que pensabamos.

O concepto de tecnoloxía é un concepto complexo pois este foise modificando ao longo da historia, así mesmo existen diversos puntos de vista para a sociedade do que significa tecnoloxía, xa que non é o mesmo tecnoloxía para un pedagogo que para un médico ou para un banqueiro, polo que se crean conflitos difíciles de solucionar.

Baixo o noso punto de vista a sociedade de hoxe en día asocia tecnoloxía a aparellos electrónicos, como poden ser os computadores, os móbiles ou as televisións, pero para nós a tecnoloxía é moito máis que iso, a tecnoloxía e todo aquilo construído polos homes para satisfacer as súas necesidades da vida cotiá.


Para reafirmar o noso concepto de tecnoloxía adxuntamos o collage que creamos logo de fotografiar todos aqueles elementos da facultade, que baixo o noso concepto era tecnoloxía.

Para consolidar as nosas ideas, introducimos a seguinte definición de tecnoloxía según Rammert:

"La tecnología se define usualmente como el conjunto de herramientas hechas por el hombre, como los medios eficientes para un fin, o como el conjunto de artefactos materiales. Pero la tecnología también contiene prácticas instrumentales, como la creación, fabricación y uso de los medios y las máquinas; incluye el conjunto material y no-material de hechos técnicos; está íntimamente conectada con las necesidades institucionalizadas y los fines previstos a los cuales las tecnologías sirven. [...]. Desde los tiempos de Aristóteles, la tecnología está constituida por cuatro elementos: materia, forma, fin y acción eficiente. En este artículo se explican los principales vínculos de la tecnología con las prácticas técnicas cambiantes a lo largo del tiempo,  y sus relaciones sociales con la materialidad y la cultura."

Referencias Bibliográficas:

        - Osorio, C.. (2002). Enfoques de la tecnología, OEI, (2). Recuperado de:      http://www.oei.es/revistactsi/numero2/osorio.htm

        - Rammert, W.  (2001). La tecnología: sus formas y las diferencias de los medios. Hacia una teoría social pragmática de la tecnificación. Scripta Nova. Revista Electrónica de Geografía y Ciencias Sociales, (80). Recuperado de: http://www.ub.edu/geocrit/sn-80.htm

 

Cristina Arcos Caamaño

Lara Bello Rey

Elvia Díaz Vázquez