Uso da tecnoloxía na educación

Gustaríame compartir con vós este vídeo que atopei navegando pola rede e que explica dunha maneira amena os aspectos positivos de empregar a tecnoloxía na educación e o seu gran potencial.

Sen dúbida, os grandes avances da tecnoloxía permítennos resolver os problemas dunha maneira máis áxil e sinxela, e facilitarnos as tarefas poñendo á nosa disposición un montón de ferramentas. 

A tecnoloxía sempre foi causa de conflito nos nosos centros educativos, pero chegou o momento de tornar ese parecer, e facer da tecnoloxía a nosa aliada á hora de impartir materias, xogar ca creatividade das nenas/os, e poñer nas súas mans as ferramentas necesarias para un aprendizaxe máis sinxela, rápida, completa e divertida.