Definición de Tecnoloxía, TIC e Tecnoloxía Educativa

A pesar de que no día a día a cidadanía acostuma a empregar con frecuencia aparatos tecnolóxicos e electrónicos, moi poucas veces nos paramos a pensar qué se considera realmente unha tecnoloxía ou nova tecnoloxía. Por elo, na última sesión expositiva da materia de Tecnoloxía Educativa, os diferentes grupos tivemos que formular unha serie de definicións sobre o que son as TIC, a tecnoloxía e a tecnoloxía da educación; especificando os aspectos de que son, qué fan e cómo afectan cada un dos conceptos ditos anteriormente.

Despois do debate suscitado entre as integrantes do grupo sobre estes interrogantes, chegamos as seguintes conclusións:

Ontolóxico ¿Qué é?

Tecnoloxía: Conxunto de dispositivos electrónicos e tecnolóxicos que se empregan nos diferentes ámbitos.

Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): Dispositivos que permiten acceder á información e comunicarse o mesmo tempo.

Tecnoloxía Educativa: Conxunto de dispositivos electrónicos e tecnolóxicos que se empregan no ámbito educativo para a información.

 

Pragmático ¿Qué fan?

Tecnoloxía: Facilitar en diversas tarefas

Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): Transmitir información e xerar comunicación

Tecnoloxía Educativa: Formar, Educar e Aprender.

 

Fenomenolóxico ¿Cómo afectan?

Tecnoloxía: Modificación dos estilos de vida

Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): Modificación das coordenadas do tempo e espazo. E tamén, das relacións sociais.

Tecnoloxía Educativa: Cambios nas metodoloxías docentes e ámbitos de estudo.

 

No dito anteriormente podemos observar as conclusións ás que chegou o noso grupo sobre estes aspectos. Así mesmo, quixemos amplificar e argumentar estas definicións con nova información a maiores:

Según Juan Cristóbal Cobo Romaní (2009) podemos entender por Tecnoloxías da Información e da Comunicación como:

“Aqueles dispositivos tecnolóxicos (hardware y software) que permiten editar, producir, almacenar, intercambiar e transmitir datos entre diferentes sistemas de información que contan con protocolos comúns. Estas aplicacións, que integran medios de informática, telecomunicacións e redes, posibilitan tanto a comunicación e colaboración interpersoal como a multidireccional. Estas ferramentas desempeñan un papel sustantivo na xeración, intercambio, difusión, xestión e acceso ao coñecemento”.

Polo tanto, as tecnoloxías da información e comunicación non son só meros instrumentos cos que podemos documentarnos se non que van máis alá permitindo un intercambio de ideas, de valores e coas que podemos estar en contínua interacción con persoas de diferentes partes do mundo en diferente tempo e espazo. A través delas dase unha revolución e cambio das coordenadas espaciais e temporais.

Tecnoloxía da Educación:

Según Cebrián de la Serna, a tecnoloxía educativa é “el trabajo y el estudio de los procesos de significación que generan los distintos equipos tecnológicos y demás material didáctico dentro de los procesos culturales, siempre con el ánimo de obtener teorías explicativas y descriptivas, que iluminen el empleo de equipos técnicos o inspiren el diseño, la producción y la evaluación de mensajes y materiales didácticos, según las finalidades educativas y los valores culturales”

Tecnoloxía:

Definir o que é tecnoloxía é algo demasiado complexo que depende dos puntos de vista nos que nos enfoquemos. Así esta, non significaba o mesmo fai vinte anos que na actualidade, ou non significa o mesmo para un científico que para un mestre. (Esta idea, Lara,  e  Elvia (do noso grupo) tamén a comentaron noutra entrada feita con outra compañeira, xa que é un dato de interese que reflexionaron noutra ocasión).

Según a RAE tecnoloxía é:

  1. Conxunto de teorías e técnicas que permiten o aproveitamento práctico do coñecemento científico.

  2. Tratado dos termos técnicos.

  3. Linguaxe propia dunha ciencia ou arte.

  4. Conxunto dos instrumentos e procedementos industriais dun determinado sector ou producto.


Tomando como punto de partida as nosas definicións e comparandoas coas defincións aportadas, despois de debatir, puidemos ver que nos faltaron moitos aspectos a aportar nas nosas definicións e que na maioría delas só se poden ver os aspectos xerais, sen chegar a profundizar en conceptos máis específicos. Aínda que era o que críamos nun primero momento, sen ter unha base teórica profunda ao respecto; sen embargo  creemos que a nosa idea non ía desencamiñada no seu camiño.

 

Referencias Bibliográficas:

  • Bautista García- Vera,A.& Alba Pastor, C. (1997). ¿Qué es Tecnología Educativa?: Autores y Significados. Pixel- BIT, (9). Recuperado de: http://acdc.sav.us.es/pixelbit/

  • Cobo Romaní, J.C. (2009). El concepto de tecnologías de la información. Benchmarking sobre las definiciones de las TIC en la sociedad del conocimiento. Zer- Revista de Estudios de Comunicación,14, (27), pp.295-318. Recuperado de: http://www.ehu.eus/ojs/index.php/Zer/index

  • Diccionario de la lengua española (online). Definición: tecnología. Real Academia Española. Recuperado de http://dle.rae.es/?id=ZJ2KRZZ

 

Autoras:

Lara Bello Rey

Elvia Díaz Vázquez

Araceli García Navia

Beatriz Pena Alonso