Clase Interactiva 15.03.2016

Na clase interactiva de hoxe, día 15 de marzo de 2016, tivemos a oportunidade de ler uns textos dos cales tivemos que coller as ideas principais de cada un que son as mostradas a continuación:

TEXTO 1: A tecnoloxía non debe considerarse como algo novo, se non que o realmente innovador son os cambios ou transformacións que a acompañan. Diferencia entre tecnoloxía e  nova tecnoloxía.

TEXTO 2: Os profesores adhírense a unha moda tras outra para logo atopar novos argumentos ou novos mandatos que supoñen un conformidade ou aceptación. Quen apoia a moda? a moda non pode comprarse e logo abandonala non se pode comprar un computador porque é a moda e logo non coidalo ou desatendelo.

TEXTO 3: O uso de internet medra cada vez máis rápido obtendo cada vez máis usuarios debido á gran cantidade de elementos que oferta. Podendo compartir informacións de todo tipo desde todas as partes do mundo. Desfase entre a tecnoloxía e a educación.

TEXTO 4: Mantemos unha relación ca tecnoloxía bilateral. A tecnoloxía  adáptase a nós pero nós tamén debemos adaptarnos a ela para conseguir un bo funcionamento da mesma. A tecnoloxía aparece e cambia todo aínda que ti non queiras. Modifica a nosa forma de pensar e actuar, se non que desde os homínidos modifícanos, cas pedras por exemplo. Modifícannos as estruturas cognitivas, a nosa forma de ler, etc.

TEXTO 5: A tecnoloxía transforma e constrúe a realidade física e social.

TEXTO 6: Para ser empregada adecuadamente a tecnoloxía debe de haber un ensino da mesma anteriormente. Este texto móstrase máis a favor da tecnoloxía na aula que o texto seguinte, o 7.

TEXTO 7: Moitos docentes non asumen a importancia da tecnoloxía nas escolas. Este texto móstrase menos a favor da tecnoloxía na aula que o texto anterior, o 6.

TEXTO 8: Algunha definición de tecnoloxía educativa lévannos á conclusión de que é desenvolvida para que xire en torno á información e os novos descubrimentos que se van orixinando.

TEXTO 9: A novas tecnoloxía supoñen moitos beneficios, e entre eles destacan os referentes á educación especial, achegando diferentes elementos adaptados ás súas necesidades educativas especiais, o cal hai uns anos era inimaxinable. A xente, hoxe en día, só ve a tecnoloxía como unha ferramenta e non ten en conta o que supón realmente e por iso non lle da o uso adecuado.

TEXTO 10: A tecnoloxía educativa, hoxe en día e nun futuro, é e será soporte de toda aprendizaxe.

 

Unha vez collidas as ideas principais de cada un, procedemos a responder ás seguintes cuestións:

Estes parágrafos, que idea poñen de relevo? Relacionándoo ca idea da roda.

A roda é un dos inventos máis importantes da historia, si nos poñemos a pensar, calquera máquina construída dende aquel entón posúe rodas xa sexa no transporte ou en poleas. Este invento chegou para cambialo todo, ata a forza física das persoas para poder transportala.

A idea da roda e a idea da tecnoloxía educativa viñeron para cambiar a forma de facer e parecer da sociedade, e saciala dunhas necesidades que pouco a pouco foron desaparecendo grazas a eles.

Son dous inventos que a día de hoxe seguen presentes nas nosas vidas e con máis forza, de xeito que non poderíamos continuar sen eles, debido á dependencia que nos producen os mesmos.

Por último, destacar que a idea que ten a sociedade xeralmente da tecnoloxía é errónea. Esta non só se trata de ferramentas ou de medios electrónicos, se non que se trata de todo tipo de ferramentas como neste caso o foi e o é a roda.

Pensemos nos ordenadores…

  • Cantos cambios trouxeron?

En 1936 creouse o primeiro ordenador no campo da ciencia, invento que revolucionou a tecnoloxía, posto que segue “vivo” a día de hoxe e, grazas a el conseguíronse moitos avances noutros ámbitos que, sen el non serían posibles. Outros inventos foron conseguidos a través do ordenador como o teclado, o rato, a electricidade sen cables, montaxes e creacións de películas, comunicación por vídeo-conferencia, etc.

En resumo, o ordenador foi un gran invento para o avance na ciencia, na tecnoloxía, na educación, e en moitos outros ámbitos nos cales chegou para estar en constante avance e desenvolvemento.

                             Computadora 1936                                 Ordenador 2016

  • Canto se espera deles?

A día de hoxe, espérase que os ordenadores sigan avanzando e, probablemente, o día de mañá, absolutamente todo sexa controlado polos mesmos. Por medio dun ordenador, actualmente, podemos controlar un robot, un obxecto, aparellos científicos, etc, polo tanto, non saberíamos chegar a unha conclusión concreta de algo que esperemos, se non que nos esperamos grandes avances en un período “corto” de tempo.

  • E outro invento?

Cústanos pensar só nun invento que fose unha gran revolución pero, por elixir, quedámonos ca bombilla e co automóbil.

A bombilla é un invento que se remonta ao ano 1879. Antes da creación da bombilla, a maneira que tiñan de crear luz eran o lume, as velas e as lámpadas incandescentes. Este invento a día de hoxe ten algúns inconvintes como son a gran cantidade de enerxía que consumen ou que desprenden moita calor, por isto, naceron outro tipo de bombillas, as fluorescentes de baixo consumo as cales veñen a substituír ás tradicionais nun futuro pero, non deixan de ser bombillas.

Por outro lado, o automóbil foi creado no 1885, sendo un dos inventos máis importantes do século XX. Este foi un triciclo con motor de gasolina e tracción traseira e foron evolucionando ata o que son agora. É un invento que a día de hoxe segue vixente e non seríamos capaces de prescindir del xa que o usamos para os nosos desprazamentos, tanto curtos como máis largos. Hoxe en día, a maioría da poboación mundial dispón dun automóbil propio.

Estes dous inventos supuxeron un gran avance en moitos ámbitos, satisfacendo así moitas das necesidades da sociedade.