Unha negada tecnolóxica: un blog condenado ao fracaso

Nunca me dera conta do que conleva ter un blog ata que comecei co meu blog no Grupo Stellae. Ter un blog significa implicarse e subir artigos que poidan interesar aos lectores cada certo tempo. Esta actividade require dun certo compromiso e grazas a ter que escribilo para a materia de Tecnoloxía da Educación deime conta de que nunca podería chegar a ter un blog na web.

Vendo todo o que isto implica comprendín que non sei levar un blog, que non se me da ben escribir e que me custa unha vida crear cada entrada. En poucas palabras, son unha negada para estas tecnoloxías.

E vos diredes se todos temos un Facebook ou instragram ou redes similares nas cales posteamos todos os días. E si, levades razón pero na miña opinión non é o mesmo, posto que nesta páxina non se trata de compartir videos graciosos nin fotos de gatiños. Este blog debería estar repleto de entradas que falen das novas tecnoloxías, do uso que se lle da a estas mesmas para a educación etc. E ao máximo que chego é a facer unha reflexión crítica sobre o negada que son para esta actividade, penso que non é un moi bo comezo non?

Pero tamén ei de dicir que tentarei publicar entradas que vos poidan servir de algo, nas cales poida compartir con vos información interesante, e espero rematar collendolle o tranquillo a isto de escribir.