¿Por qué se introduce a tecnoloxía na escola?

Considero que é importante reflexionar sobre as razóns polas cales se incorporou as TIC á educación e ao ensino. En primeiro lugar, os nenos e mozos do tempo actual son usuarios habituais das distintas tecnoloxías dixitais no seu tempo de lecer e para a comunicación entre os amigos, polo que as institucións educativas non poden dar as costas á cultura da súa época. Así mesmo, a sociedade actual caracteríazase por un execeso de información e de presenza tecnolóxica en todos os eidos, polo que a escola ten que alfabetizar e formar as novas xeracións para que se enfronten axeitadamente a ela de forma que poidan desenvolverse con intelixencia na sociedade de información e aprender por si mesmas ao longo da súa vida. Por outro lado, as TIC ofrecen contornos ou ambientes de aprendizaxe flexibles e interactivos para a comunicación e interacción entre os estudantes e o profesor máis alá do espazo da aula. Tamén axudan a innovar os procesos de ensino-aprendizaxe a través do desenvolvemento de metodoloxías construtivistas e que favorecen o traballo colaborativo entre os estudantes. Un exemplo é cada un dos nosos e-portafolio sendo unha ferramenta de traballo colaborativo, a través da publicación de reflexións, información de interese e coñecementos creados nesta  materia.

Outras propostas metodolóxicas de uso das TIC no ensino que coñezo son as aulas virtuais do e-Learning que permiten o desenvolvemento da educación a distancia mediante ordenadores e Internet, aulas virtuais ou portais educativos que permiten a calquera docente ou alumno/a o acceso á información, a bases de datos, unidades, materiais didácticos etc., o encerado dixital e presentacións multimendia para apoiar as tarefas de ensino dentro da aula...