Reflexionando no concepto

A raíz das dúas primeiras clases expositivas  e dos traballos realizados nas mesmas , o noso concepto de tecnoloxía deu un volto e foise  ampliando; como ben explicamos tamén no traballo elaborado na clase interactiva. Para nós a tecnoloxía, ao igual que para a gran maioría das persoas, estaba asociada aos aparellos eléctricos; a innovación. De feito, se escollésemos unha persoa ao azar e lle dixésemos que unha mesa é tecnoloxía, probablemente nos miraría dun xeito estraño, xa que este é un concepto moi sesgado socialmente; asociando  automaticamente á tecnoloxía a aparellos, tales como, ordenadores, móbiles, televisións...

¿Pero que é en realidade tecnoloxía? "A palabra tecnoloxía provén do grego e componse do termo “tecne” que significa técnica ou oficio e do termo “logos” que significa ciencia ou coñecemento"(Alegsa, 2014). Esta, como afirma Alegsa (2014), pódese referir “ a obxectos que usa a humanidade (como máquinas, utensilios, hardware), pero tamén abarca sistemas, métodos de organización e técnicas". É dicir, é todo aquio que nos permite diseñar e craer bens, servizos e utensilios que nos facilitan a vida e nos axudan a cubir as nosas necesidades.

O que leva a outra pregunta, dende cando existe enton a tecnoloxía? Como ben din as miñas compañeiras Irene, Noelia e Irene, “a tecnoloxía é algo que surxiu fai máis de 2.000.000 de anos coa fabricación por parte dos nosos antepasados de ferramentas para mellorar certos aspectos da vida diaria.” Polo tanto pódese dicir que a tecnoloxía é todo aquilo que nos facilita a vida  ás persoas; non só os aparellos electrónicos. Como apunta Alegsa (2014) “ a humanidade comeza a formar tecnoloxía convertendo os recursos naturais en ferramentas simples”.

Un concepto que nun principio parece tan simple, leva escondido todo un mar de complexidade. Coido que se necesita impartir unha educación tecnolóxica comezando na e dende base, clarexando termos fundamentais; xa que non é normal o concepto tan sesgado que ten a sociedade de moitos conceptos básicos, neste caso o de tecnoloxía. Cómpre inculcar dende os niveis educativos máis elementais estes termos xerais, para ir desenvolvéndoos e ampliándoos nos niveis posteriores.  

Aquí vos deixo o collage que fixemos na clase interactiva sobre os elementos da facultade que para nós representan a tecnoloxía. No cal se poden ver tanto aparellos electrónicos como simples cadeiras ou estanterías.

 

 

Alegsa, L. (2014). Definición de tecnología. Diccionario de informática y tecnología. Recuperado de: http://www.alegsa.com.ar/Dic/tecnologia.php