coñecemento vs. información

Durante a clase expositiva do 15 de marzo surxiu un debate iniciado pola profesora sobre se estamos na sociedade do coñecemento ou na sociedade da información. Foi un debate non que participamos bastantes persoas e xa hai varias entradas no blog sobre o respecto pero, para ser sincera, nunca antes me cuestionara este termo e pareceme interesante compartir a miña reflexión para complementar a dos demais.

A día de hoxe penso que sociedade do coñecemente e sociedade da información se usan indistintamente, ata pode ser que os termos "coñecemento" e "información" se usen como sinónimos. Son partidaria de separar estes dous termos e estas dúas expresións. Penso que a sociedade da información engloba a toda a sociedade, ou polo menos, toda persoa que viva nun país desarrollado. A miúdo nos "bombardean" con datos, noticias e informacións de todo tipo, a información está ao alcance da nosa man (ordenadores, móbiles, tablets...) o reto, para considerarnos sociedade do coñecemento, está en transformar esa información e decodificala en coñecemento útil e axeitado por medio de habilidades intelectuais e congnotivas. O coñecemento propiamente dito abarca unha comprensión mais global e analítica. Así mesmo, pareceme imposible analizar de xeito reflexivo e discriminar a información importante de todos os datos ou noticias que nos chegan cada día. Paréceme curioso dicir tamen que, lein varios artigos onde aparece o termo "sociedade do saber" referíndose á sociedade do coñecemento para diferenciala da sociedade da información. Non estou moi de acordo con este termo xa que relaciono a palabra "saber" con ser un sabio, e considero que poucas persoas poden presumir de ser realmente sabios. Na miña opinión, nadie debe presumir de ser sabio nin da súa sabiduría.

Tamén é certo que a sociedade do coñecemento parte da sociedade da información, xa que esta última é necesaria para crear o coñecemento. En contraposición con isto, que vivimos nunha sociedade do coñecemento literalmente é unha utopía, por desgracia, poucas persoas poden considerar que viven na sociedade do coñecemento.

Comentarios

  • Sofía Veiga

    Totalmente de acordo contigo Raquel.

    Persoalmente considero que a sociedade de coñecemento na que vivimos precisa de manexar e seleccionar parte da información que chega cada día as nosas mans, para que isto poida facerse e necesario ter un coñecemento axeitado de como facelo.

    A sociedade do saber que en algunhas entradas aparece mencionado, considero que se toma como un sinónimo da sociedade de coñecemento, a cal orixínase a partires da sociedade de información. Por outra banda tamén comparto a tua idea de que ninguén debería de de presumir ou alardear da sua sabidoría senon mais ben compartila para facela mais rica e poderosa.