Celanova terá letra propia en internet!

Hoxe volveu a falarse no periódico local dunha noticia que se anunciaba a principios de ano na cal se reflexaba que unha celanovesa becaria do concello no cal reside, dixitalizará o abecedario presente nos 21 Códices existentes no Mosteiro da vila de Celanova.

A implicación tecnolóxica que me gustaría resaltar da noticia non radica soamente na evidente, polo carácter dixital, senón na análise do cambio de metodoloxías e polo tanto na creación tecnolóxica na que se fundamenta o devir histórico do ser humano.

Persoalmente, considero a anterior afirmación como unha das claves da innovación e o camiño de cara o futuro, potenciando a facilitación de accións para a posibilitación de novos inventos ou, de novo, formas de facer.

Por outra banda, enténdese o proceso tecnolóxico como un movemento globalizador e integrador, do cal non era consciente do seu carácter individidualizador. Como veciña da mancomunidade citada, sinto a innovación como miña, e esa rede de pertenzas é unha realidade na que non pensara en momentos anteriores en relación á tecnoloxía.

Considero ademais, que o feito traerá consigo un incremento da visión da vila en Internet, achegando o seu patrimonio cultural máis directamente a outras áreas que non sexan directamente a do turismo, potenciando o coñecemento da mesma dende un punto de vista integral.

Que pensades sobre a noticia?

Fernández, L. (6 de enero de 2016). Del pergamino a la web. La Región. Recuperado de: http://www.laregion.es/articulo/celanova/pergamino-web/20160106090009591528.html

Comentarios

  • Amaia

    ¡Hola Laura! Será todo un avance para formar parte del proceso tecnológico al que estamos sometidos, incluso, de manera inconsciente. Y de este modo, dar a conocer nuestro patrimonio cultural, formar parte del proceso globalizador y sin duda... enriquecernos de ello, como tú bien dices, que esta iniciativa sea de utilidad en más áreas que la del turismo.
    ¡¡Deberíamos tener más ideas innovadoras como esta!