"Control parental nas redes sociais"

image.jpeg

Esta semana, miña nai tivo un comentario desafortunado en Facebook, que me levou a reflexionar nas situacións de control  a través de medios tecnolóxicos, das que xa falara nunha publicación anterior referente á película. Non vou, polo tanto, a volver  a tratar o tema, simplemente deixo a foto a modo de reflexión, de ata que punto nos condicionan as nosas publicacións e comentarios en canto á interpretación que os demais saquen delas, xa sexa para controlar ou non.

Aínda que esta foi unha publicación illada e da que non se tiña plena conciencia, os comentarios á mesma deixaban ver o descontento social cunha realidade que en certo modo, todos levamos a cabo en maior ou menor medida, que pensades sobre isto?