Libro impreso ou libro electrónico?

Na clase interactiva do 15 de marzo, lanzouse unha pregunta aberta por parte da profesora sobre si había algunha diferencia entre o libro electrónico e o libro impreso e si un debería substituír ao outro. Esta cuestión fíxome pensar e sacar algunhas conclusións sobre o seu uso.

Por un lado, que hoxe en día estea de moda o libro electrónico non quere dicir que xa vaia substituír ao libro de texto, xa que se trata de soportes diferentes e atopámonos nunha sociedade onde somos libres de elixir cal é máis adecuado para nós.

En canto ao libro electrónico, este pode ofrecernos moita máis información que o libro de texto, xa que pode ofrecernos enlaces incrustados no propio texto que nos levan a informacións adicionais, así como o acceso a imaxes, vídeos ou sons. No propio libro electrónico podemos copiar, pegar e engadir información. Destacar por último, que o libro electrónico sería máis barato que o libro de texto, característica que hoxe en día temos bastante en conta.

Por outro lado, o libro de texto ofrécenos un mellor manexo do mesmo así como unha mellor manipulación podendo escribir e subliñar nas súas propias páxinas. Este libro pode vir con nós a todos os lados, cousa que o libro electrónico non sempre, xa que si non dispoñemos de enchufe ou batería no noso soporte dixital non poderíamos facer uso del. Tamén destacar que nestes libros a información está máis controlada e é moito máis fiable e, o seu custo, pola contra, é máis elevado.

Por todo isto, considero que a tecnoloxía fai que nos adaptemos a ela pouco a pouco e, polo tanto, co paso do tempo, acabará só habendo libros electrónicos, quedando no pasado o emprego dos libros de texto a pesar das súas vantaxes nomeados anteriormente.

Comentarios

  • Cristina Arcos Caamaño

    Hola María!

    Como bien dices también creo que la tecnología se está "invadiendo" de la humanidad, pero no nos podemos olvidar que solo está invadiendo a parte de la humanidad ya que hay mucha gente que no se puede permitir acceder a los diferentes materiales tecnológicos y estos quedan excluídos . 

    La tecnología es un avance para la sociedad pero debería estar al alcance de todo el mundo, para que no exista la analfabetización digital. 

    Así mismo en el mundo en el que vivimos y tal y como está distribuido el mercado económico es prácticamente imposible lograr una igualdad. Para lograrla sería imprescindible que todo el mundo estuviera de acuerdo en ayudar a las persoas más necesitadas con todo lo que eso conlleva