Infoxicación

Facendo referencia ao texto 3 traballado na clase interactiva e o termo infoxicación o cal se tratou na clase expositiva, vou comentar algúns aspectos sobre a sobrecarga de información e algúns criterios para ser capaces de filtrala correctamente.

Na actualidade vivimos nunha sociedade que ten acceso a gran cantidade de información, debido aos avances tecnolóxicos e en concreto a difusión de internet a gran masa da poboación mundial.

O acceso a información de diversos lugares pode verse como un avance, pero por outra parte pode chegar a ser un inconveniente, posto que ao ter acceso a información desestructurada esta pode chegar a volverse incontrolable.

Ca propagación das redes virtuais estamos “intoxicados” de información o que comunmente se denomina “infoxicación”, dada esta realidade os usuarios que accedemos a rede para buscar información debemos establecer uns criterios de filtrado posto que non toda a información que se pode atopar na rede e veraz.

En ocasións podemos estar tan saturados de información que ata nos pode crear un estado de angustia, isto debese cando un usuario conta con máis información da que realmente e capaz de manexar. Para realizar unha xestión axeitada de información necesitase organización e tempo pero na maioría das ocasións dedicámoslle pouco tempo, facémolo mal, de maneira pouco estruturada, ou o que é mais importante non temos a formación necesaria para ser capaces de facer unha selección de información axeitada.

O proceso para seleccionar información debería comezar por aclarar cal é a información crítica, que fai referencia o que “a min me interesa estar informado de”, aquí e onde normalmente se empeza a fallar, porque habitualmente as persoas non teñen claro de que queren estar informados.

Outro aspecto vital para filtrar información verídica e ter en conta as fontes de onde procede a mesma, xa que dependendo se procede dun lugar ou outro a información terá máis ou menos credibilidade; por exemplo, non é o mesmo se procede dunha páxina como Wikipedia, que calquera persoa pode publicar ou dunha base de datos coma Dialnet, na cal publican profesionais acreditados e os artigos que nela se publican están contrastados.

Ademais tamén se debe ter en conta como buscar a información, xa que os motores de búsqueda como son Google, Yahoo, Bing etc. ofrecen información de moi diversos ámbitos, anque teñen variantes que nos permiten establecer criterios de búsqueda máis concretos; por exemplo Google ten unha variante denominada “Google Académico” que para o ámbito onde nós nos movemos pode resultarnos de gran axuda, ademais diso tamén conta cunha opción de búsqueda avanzada na cal se pode filtrar en maior medida a información que desexamos atopar.

O obxectivo final do filtrado de información debería ser; ter a capacidade para xestionar a información en tres grandes apartados: información fatal, que e aquela que non interesa nin o máis mínimo porque non ten que ver co tema a tratar; Información interesante, que é aquela que ten pode estar relacionada co tema e finalmente Información realmente útil, que é a que fai referencia a contidos que están relacionados directamente co tema.

En resumo, débense ter claro tres aspectos vitais a hora de buscar e filtrar información; ter claro o tema do cal estamos interesados, saber onde buscar información e como facelo.

 

Aguaded, J.I. (2014).Desde la infoxicación al derecho a la comunicación. Comunicar,42(21). 7-8.

Recuperado de: http://www.revistacomunicar.com/index.php?contenido=detalles&numero=42&articulo=42-2014-30 Fecha de consulta 19/03/16

Cornella, A.(2000). Como sobrevivir a la infoxicación. Recuperado de: http://www.infonomia.com/img/pdf/sobrevivir_infoxicacion.pdf. Fecha de consulta 19/03/16

Infoxicación, Sobrecarga Informativa. Miriada. Universidad Tecnologica Nacional, Instituto Nacional superior del profesorado técnico. Recuperado de: https://miriadax.net/documents/35180568/35180598/INFOXICACION.pdf