E-learning

Na sociedade na que vivimos aparte da educación tradicional presencial temos outro “tipo de educación” á que non lle adoitamos poñer nome e que incluso poden ser termos descoñecidos como o eran para min ata o de agora como son o E-learning, B-learning e M-learning. Hoxe dedicarémoslle este espazo ao E-learning.

Entendemos como E-learning un proceso de ensinanza-aprendizaxe mediante internet que, a pesar da distancia física entre profesor-alumno pódese levar a cabo de igual maneira unha interacción didáctica continua.

Grazas a este método, moitas persoas poden estudar, por exemplo, cando están traballando, xa que lles permite administrar o seu propio tempo sendo unha formación flexible. Neste tipo de ensino-aprendizaxe, o alumno é o centro destes procesos onde o titor pasa de ser un transmisor de contidos a ser unha persoa que guía e orienta ao alumno.

Este tipo de tecnoloxías son un gran avance para a sociedade xa que teñen moitas vantaxes para poder formarnos libremente, distribuíndo o noso tempo e, incluso ás veces, con un baixo custo económico. Esta forma de aprendizaxe é, sen dúbida, un paso xigante para posibilitar a moitas persoas o estudo. Isto ten como inconveniente o que teñen as tecnoloxías normalmente, que non están ao alcance de todos debido á baixa alfabetización mundial sobre todo nos países subdesenvolvidos onde nin sequera teñen internet. 

Bibliografía:

Aprendizaxe electrónico, (s.f.). En Wikipedia. Recuperado o 20 de marzo de 2016 en: https://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_electr%C3%B3nico

e-ABC. (2010-2011). Recuperado de: http://www.e-abclearning.com/definicione-learning

Comentarios

  • Irene Campelo

    Ola María!

    Paréceme interesante falar un pouco destes cursos a distancia dos que falas. É certo, como ben dis na túa entrada, que estudar a distancia facilita moita a quelas persoas que traballan, ou a aquelas que por calquera razón non poden acudir a un centro asistencial, permitindo ser dono dos teus horarios, e marcando un mesmo as pauas de cómo e cándo estudar. Sen ambargo, son das que opinan que nos estudios a distancia "todo vale". 

    Considero que hai estudos ou materias que non se poden estudar a distancia, sobre todo aquelas que teñen que ver coa medicina ou có ámbito educativo e social. Como un profesor comentou fai pouco nunha charla, estábase impartindo un curso online sobre formación e dinámica de grupos, cousa que non ten moito sentido, xa que non se está entrando unha dinámica na que traballas con xente e podes poñer en práctica os coñecementos e as túas capacidades para a formación de grupos, resolución de problemas, etc. 

    En conclusión, opino que as MOOC´s son unha ferramenta útil para todas aquelas persoas que non poden pagar uns estudos (xa que ás veces sae máis económico estudar desde casa e pódense encontrar cursos gratuitos, tamén), pero penso que non se aprende igual que nunha actividade asistencial. 

    Un saúdo. 

  • Borja

    Hola! Pues considero que la posibilidad de estudiar a distancia es un buen paso hacia el desarrollo del proceso de formación de una persona, pero no resulta tan eficiente como el hecho de estudiar de manera presencial. Se suele decir que si no se pone en práctica la teoría no se aprende. Pues por la vía online, esa necesidad de aplicar los conocimientos adquiridos en la realidad en la mayoría de los casos no podría conseguirse. En cambio, siguiendo el método presencial debe realizarse una buena planificación para dar a conocer la teoría y luego poder aplicarla, sino no estaríamos aprovechando las ventajas del sistema presencial. Por tanto, no está nada mal el hecho de realizar cursos por vía Internet, pero hay que tener en cuenta que tampoco resulta el medio más adecuado para una formación completa y eficiente de un sujeto.

    Un saludo

  • María

    Estou totalmente dacordo con vós,por iso vos invito a ler a miña próxima entrada que subirei nuns minutos e trata do B-learnig, unha formación semipresencial.

    Un saúdo.