• Blogs
  • Ruben-Lopez
  • Importancia da formación inicial e permanente do profesorado no ámbito das TICs

Importancia da formación inicial e permanente do profesorado no ámbito das TICs

Vou comentar a importancia da formación do profesorado no ámbito das TICs porque como puiden observar na miña estancia de prácticas nun IES, existía profesorado que carecía de formación neste ámbito, e sobre todo estaba acentuado en docentes que tiñan unha traxectoria máis longa, isto pódese deber a dúas variantes; por unha banda a pouca colaboración e predisposición por parte dos mesmos en modificar algunhas das súas metodoloxías empregadas na aula, e noutros casos ten que ver ca formación permanente do profesorado. Neste caso voume centrar da importancia que ten tanto a formación permanente como na inicial para a introdución das TICs no proceso educativo.

Ante o avance nos últimos anos da tecnoloxía e o seu protagonismo cada vez máis acentuado no ámbito educativo, requírese unha formación tanto inicial como permanente do profesorado, posto que por unha banda necesitan posuír os coñecementos necesarios para poder empregar os recursos ou artefactos tecnolóxicos axeitadamente e coñecer as posibilidades que  cada dispositivo ofrece, ademais saber de que maneira estes poden enriquecer o proceso ensino – aprendizaxe. Por outro lado, tamén se necesita unha formación permanente na cal debe haber sitio para as novas tecnoloxías, posto que estas están a cambiar constantemente, aparecendo novos elementos e con eles novas posibilidades.

Segundo a UNESCO (2005), a incorporación das TIC en educación ten como función ser un medio de comunicación, canal de comunicación e intercambio de coñecementos e experiencias, instrumentos para procesar información, fonte de recursos, instrumento para a xestión administrativa, medio lúdico e desenvolvemento cognitivo. Todo isto conleva unha nova forma de elaborar unha unidade didáctica e de avaliar, debido a que as formas de ensinanza e de aprendizaxe mudan, o profesor xa non é o xestor do coñecemento senón que e un guía que permite orientar o alumno fronte o seu aprendizaxe, neste aspecto, o alumno e o protagonista da súa educación, debido a que é el quen debe ser autónomo e traballar en colaboración cos seus compañeiros.

Por iso a importancia que adquiren as TIC na formación docente e non só na formación inicial senón tamén durante toda a vida profesional, debido a que cada vez máis as TIC xogan un papel importante no aprendizaxe dos estudantes, recordemos por exemplo, o uso de internet adquire máis adeptos o que implica que a información é buscada e encontrada máis rapidamente.

Tanto a formación inicial como permanente, deben ser un elemento clave e estratéxico a hora de impulsar un cambio educativo, para de tal forma dar resposta aos novos retos e problemas da educación contemporánea. Ante o gran desenvolvemento das tecnoloxías dixitais, a proliferación de información e a xeración de novo coñecemento fai imprescindible definir unha serie de novas competencias para o exercicio da docencia. Estas competencias implican o uso de artefactos dixitais, cuxo dominio comeza coa súa utilización, como instrumentos para tratar, almacenar e transmitir información; pero sobre todo como medios de ensinanza e aprendizaxe, o que implica tamén a súa comprensión crítica.

Entre a formación docente e a tecnoloxía debe establecerse unha forte relación, posto que un docente que non manexe as TICs está en clara desvantaxe con relación aos seus alumnos. A tecnoloxía avanza na vida cotiá máis rápido que nas escolas.

Anque a prior a introdución das tecnoloxías en educación pode considerarse como un avance, para moitos docentes non é así, xa que consideran que o emprego das TIC implica certas desvantaxes tales como o aprender a utilizar as tecnoloxías, a necesidade de actualizar os equipos e programas, e sobre todo implica ocupar tempo fora do traballo, o cal moitos non pretenden acceder .

No que se refire a configuración dos plans de estudos da formación inicial do profesorado, na actualidade xa se contemplan algunhas materias referidas ao coñecemento e emprego das TICs. Por exemplo, en Pedagoxía xa existen materias de carácter obrigatorio como son Documentación e Información Educativa, Tecnoloxía Educativa e outras de carácter optativo como son Formación en Rede, Multimedia e Software educativo.

No tócante ao plan de formación permanente do profesorado este debe posibilitar a  actualización e a formación dos docentes en todo o referido a tecnoloxía, dita formación debe estar planificada en base tanto as necesidades do corpo docente como as novidades que se produzan neste senso. Así como tamén debe posibilitar un reforzo  e un o coñecemento sobre as tecnoloxías sobre todo daqueles docentes que non recibiron ningún tipo de formación na súa etapa formación inicial sobre tecnoloxía, debido en parte a que nos plans de estudios antigos non se contemplaba ningunha materia referida a este ámbito.

 

Ornellas, A., Sánchez, J.A., Fraga, L&  Domingo.,L.  De politicas y prácticas en torno a la formación permanente del profesorado en TIC en Cataluña. Recuperado de: http://www.ub.edu/esbrina/docs/proj-tic/paper_malaga.pdf , Fecha de consulta 21/03/16

Perea, Aguayo, A. (2014). Importancia de los recursos tecnológicos en el aula, formación de los docentes y manejo de herramientas tecnológicas. Recuperado de: http://tauja.ujaen.es/bitstream/10953.1/1244/1/TFG_PereaAguayo,Almudena.pdf , Fecha de consulta 21/03/16

Comentarios

  • Elvia Díaz

    Rubén estoy completamente de acuerdo contigo. Muchos de los profesores están poco formados, o incluso sin formación, impartiendo materias que no tienen ni la mayor idea de ellas. Sobre cargando muchas veces a los alumnos con deberes, por que no saben implementar planes o nuevas estrategias, por la falta de formación permanente que le impide la actualización de los contenidos y de aplicar estrategias de aprendizaje innovadoras, y sin evaluar las necesidades existentes entre sus alumnos, y con un conocimiento sobre las tecnologías muy sesgado.

     Además como muy bien dices, muchos de ellos no quieren ampliar sus conocimientos o adquirir nuevas informaciones al respecto. Por lo tanto, están siempre implementando las mismas técnicas y estrategias, sin motivar al alumnado y presionándolos con tareas que están obsoletas en esta sociedad de continuo cambio y nuevos conocimientos.