M-learning

Hoxe é a quenda do termo M-learning o cal é un proceso de ensino-aprendizaxe pero, neste caso, mediante o móbil, é dicir, é o chamado aprendizaxe móbil.

As vantaxes que presenta este tipo de aprendizaxe son variadas. Comezamos por definila como unha educación portátil xa que podemos botar man dela en calquera momento, sempre e cando teñamos un móbil con acceso a internet que, hoxe en día, que se dea este caso é o máis habitual e, polo tanto, é unha aprendizaxe flexible.

En canto aos seus inconvenientes, o seu prezo non permite que este estea ao alcance de todos e o teu tamaño pequeno trae consecuencias para a vista, o que non nos permite estar moito tempo facendo uso do mesmo.

O M-learning está sendo hoxe en día, dende o meu punto de vista, un dos soportes máis empregados en canto á educación se refire, xa que é raro que non teñamos un dispositivo móbil á man nese momento que queiramos buscar algún tipo de información. Falo dende unha posición “fácil” en canto á tecnoloxía xa que me atopo nun lugar no que teño todo á man e dispoño dun móbil en todo momento.

Actualmente, empregamos o móbil para consultar todo tipo de información, estando na clase e tendo unha dúbida, estando de viaxe e saber onde queda algún lugar, consultar apuntamentos, enviar ou recibilos, etc. Considero que o móbil é unha ferramenta máis pero que, como todas elas, sempre se debe facer un uso adecuado da mesma e non abusar, xa que se pode converter nunha dependencia.

Quero achegarvos unha noticia do ano 2013 titulada "O fenómeno mobile learning expándese", que trata sobre a expansión do M-learning e na que fala sobre todo das vantaxes tan grandes que nos ofrece e nos ofrecerá no mañá esta forma de aprendizaxe (Sancho, J., 2013).

Bibliografía:

Aprendizaxe electrónico móbil, (s.f.). En Wikipedia. Recuperado o 22 de marzo de 2016 de: https://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_electr%C3%B3nico_m%C3%B3vil

Sancho, J. (22 de abril de 2013). O fenómeno mobile learning expándese. La Vanguardia. Recuperado de: http://www.lavanguardia.com/tecnologia/20130422/54371359030/mobile-learning-aprender-movil-tecnologia-smartphone.html

Comentarios

  • Jennifer

    Hola Maria!  He de decir que en un principio, cuando empecé a leer tu entrada, pensaba en todo tipo de desventajas que esto conlleva, pero a medida que fui leyendo y rematando con el artículo que adjuntas, mi modo de pensar cambió. 

    Principalmente co no pone el artículo,  lo más preocupante, además del metodología  tradicional del profesorado, es el hecho de que los alumnos se puedan distraer en el Último,  hablando por redes sociales, navegando por Internet y haciendo caso omiso de lo que se manda, por lo que hay que meterse muy bien en la piel de los alumnos y saber conquistarlos,  por decirlo de alguna manera, para que usen adecuadamente el móvil en una tarea de clase, favoreciendo así la inclusión de una nueva forma de aprender.